Gallego

G1202001 A sociedade en rede

Summary: 

Durante os días 23 e 24 de novembro (venres e sábado) tiveron lugar, no Auditorio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), as Xornadas de formación A sociedade en rede(G1202001), dirixidas a todo o profesorado.
Gallego

Durante os días 23 e 24 de novembro (venres e sábado) tiveron lugar, no Auditorio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), as Xornadas de formación A sociedade en rede (G1202001), dirixidas a todo o profesorado. 

Fotografías do evento:

 

sociedade en rede
a sociedade en rede

IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia en directo desde a web do CAFI

Summary: 

O encontro, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos, reuniu a máis de 1.100 docentes.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilitou o seguimento das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia a todos os interesados, a través da retransmisión en streaming das sesións. O encontro foi inaugurado polo conselleiro en funcións, Xesús Vázquez Abad. O encontro, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos, reuniu a máis de 1.100 docentes.

bibliotecas
BEG

Formación inicial para o acceso á función directiva e xefes de estudos

Summary: 

Hoxe comezou a segunda fase da actividade formativa para acceso á función directiva e para novos xefes de estudos no Hotel Congreso de Santiago de Compostela.
Gallego

 

Hoxe comezou a segunda fase da actividade formativa para acceso á función directiva e para novos xefes de estudos no Hotel Congreso de Santiago de Compostela . O programa do día de hoxe será o seguinte:

 

 

 

 

 

 

 

fotografia

Wetpaint

Wetpaint é unha empresa que ofrece servizo de rede social e servizo de aloxamento de wikis. Á hora de darte de alta ofrece un subdominio de "wetpaint.com", pero as URL personalizadas tamén están dispoñibles. Wetpaint é gratuíto e subvencionado pola publicidade contextual. Se pides un sitio para uso educativo ponche unha plantilla sen publicidade.

 

WETPAINT

Gallego
wetpaint

Redeiras

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensinanza non universitaria de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da  Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Así mesmo, Redeiras ofrece tódalas funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos persoais e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos on line, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

https://www.edu.xunta.gal/redeiras/

 

 

Gallego
redeiras

Convocatoria

O CAFI e os CFR da Comunidade Autónoma Galega, consecuentemente coas liñas básicas de formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, poñen en marcha, para o vindeiro curso académico 2022/23 diferentes sistemas de apoio ao perfeccionamento, entre os que se inclúe a convocatoria de grupos de traballo (GT) e seminarios dirixidos ao profesorado en activo de todos os niveis educativos, excepto o universitario, que imparta ensinanzas en centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os grupos de traballo e seminarios desenvolveranse conforme ás seguintes bases:

O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática FProfe, na pestana de “Convocatorias”, ata o 26 de setembro de 2022 inclusive. 

Non será tida en conta outro tipo de preinscrición.

 olicitude de participación e proxecto da actividade

A persoa coordinadora do grupo de traballo ou seminario fará a solicitude de participación e o proxecto a través de FProfe:

  • Solicitude: a solicitude xerada dende a aplicación entregara- se en rexistro no CAFI ou CFR, en papel, debidamente selada e asinada.

  • Proxecto: elaborarase un proxecto en fprofe seguindo o modelo da aplicación.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de outubro de 2022.

Gallego

Peso: 

3