Gallego

Materiais dispoñibles: cursos de formación de Openoffice en aberto

Summary: 

Atópanse dispoñibles na sección "Formación Aberta" na Aula Virtual do CAFI
Gallego

Dende hoxe atópanse dispoñibles á disposición da Comunidade Educativa os materiais relativos á formación de Openoffice dos cursos que se imparten a través de Platega:

openoffice

 

 

 

 

 

 

openoffice

Convocatoria do PLAMBE

Summary: 

Convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares no DOG de 29/05/2013
Gallego

No DOG de 29/05/2013, sae a ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/2014.

O prazo para a presentación da solicitude remata o sábado 29 de xuño de 2013.

Pódese consultar, para máis información, o blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia

PLAMBE presentacion

A creación literaria e os seus autores: Amancio Prada e Juan Carlos Mestre

Summary: 

Última sesión deste ciclo de conferencias.
Gallego

O día 30 de maio ás 18.00 horas no Salón de Actos da Uned de Coruña, clausúranse as Xornadas organizadas polo Centro de Formación e Recursos da Coruña,: "IX Encontros con escritores: a creación literaria e os seus autores". Para despedir este ciclo contaremos coa presenza do cantautor Amancio Prada e do poeta e artista Juan Carlos Mestre.

Mestre Amancio Prada
Mestre Amancio Prada

II Xornadas de formación e sensibilización sobre á atención a diversidade

Summary: 

Os días 10, 11 e 12 de maio na "Sala Xulio Cuns (Edificio Liceo). Praza Hermanos García Naveira. 15300 Betanzos
Gallego

Dirixido a: Docentes, pais e nais e persoas interesadas, en xeral. Sobre documentación, actividades paralelas, onde comer, durmir, que visitar...
                 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/
                 http://anpabrigantium.blogaliza.org/

Data: 

10/05/2013 - 12/05/2013

Sección: 

A creación literaria e os seus autores: Rafael Chirbes

Gallego

O día 8 de maio celebraremos no Salón de actos da UNED de Coruña, 18:00h. ,unha nova sesión das xornadas "A creación literaria e os seus autores: IX Encontros con escritores" na que participará como autor invitado Rafael Chirbes. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego.

Sección: 

A creación literaria e os seus autores: Rafael Chirbes

Summary: 

O día 8 de maio ás 6 da tarde Encontro co autor Rafael Chirbes.
Gallego

O día 8 de maio celebraremos no Salón de actos da UNED de Coruña, 18:00h., unha nova sesión das xornadas "A creación literaria e os seus autores: IX Encontros con escritores" na que participará como autor invitado Rafael Chirbes. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego.

Emitiremos esta sesión como é habitual por videoconferencia dende o seguinte enlace:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=52546&ID...

Rafael Chirbes
Rafael Chirbes

II Xornadas de formación e sensibilización sobre á atención a diversidade

Summary: 

Os días 10, 11 e 12 de maio na Sala Xulio Cuns (Edificio Liceo). Praza Hermanos García Naveira. 15300 Betanzos
Gallego

Dirixido a: Docentes, pais e nais e persoas interesadas, en xeral.

COMO INSCRIBIRSE:
Docentes: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Non docentes: http://anpabrigantium.blogaliza.org/

DATA LÍMITE INSCRICIÓN:
13 de abril de 2013.
PRAZAS LIMITADAS
As solicitudes atenderanse por orde de inscrición.
INFORMACIÓN ADICIONAL:
Sobre documentación, actividades paralelas, onde comer, durmir, que visitar...
                 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/
                 http://anpabrigantium.blogaliza.org/

Sobre as xornadas, programa, horarios.... descarga o PDF no enlace de abaixo.

Xornadas de atención a diversidade en Betanzos
Xornadas de atención a diversidade en Betanzos

A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de formación do profesorado galego en referentes na materia, coa introdución de novos contidos

En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, os espazos en internet destes centros veñen de incorporar novidades que lles permiten aos docentes un acceso máis rápido á información para desenvolver o seu labor

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de for
A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de formación do profesorado galego en referentes na materia, coa introdución de novos contidos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de dar un forte impulso ás webs do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e mais dos Centros de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, coa introdución de novos contidos e funcionalidades, tarefa desenvolvida en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Coa incorporación destas novidades o departamento educativo da Xunta de Galicia converte os espazos en internet destes centros en referentes da formación do profesorado galego, webs que lles permiten aos docentes un acceso máis rápido á información para desenvolver o seu labor educativo.

Tras os cambios realizados, as páxinas do CAFI e CFR  facilitan aínda máis o acceso á información, tanto no relativo a novas relacionadas coa formación do profesorado, como aos centros nos que se imparte e aos plans de formación nas súas diferentes modalidades. Ademais faise máis sinxelo o acceso ás aulas virtuais, aos contidos orientados a cada área ou departamento, así como ao apartado no que se recolle unha análise de diferentes ferramentas online ou de descarga gratuíta que poden axudar aos docentes no seu labor educativo.

Así mesmo, na páxina de inicio móstranse as últimas cinco novas publicadas, un bloque de destaques con acceso a diferentes webs relacionadas co ámbito da formación e unha axenda actualizada dos cursos que se están a levar a cabo actualmente.

Formación e áreas

No bloque dedicado á “Formación” pódese acceder á oferta formativa en todas as súas modalidades e variantes, ás convocatorias, á relación das listaxes das actividades formativas que se van levar a cabo ao longo do curso escolar, etc. Ademais, na páxina web de cada CFR ofrécese información esencial de cada centro de formación: horario, localización, mapa de asesoría de centros delimitada por concellos, organigrama estrutural ou vídeos das instalacións, etc.

Por outra parte, no espazo “Áreas” e “Departamentos” o profesorado pode atopar información agrupada por temas: novas, recursos, actividades formativas ou destaques especializados.

Ferramentas

Dentro do apartado “Ferramentas” os docentes poden escoller, dentro dunha selección detallada, unha serie de recursos tanto online como instalables e ordenados segundo a súa funcionalidade.

Este banco irá medrando gradualmente, respondendo así aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa. Desta forma, búscase ofrecer non só a descrición da ferramenta, senón tamén o seu emprego didáctico, é dicir, orientar ao profesorado sobre o seu uso para integralo ao seu labor docente.

As webs son as seguintes:

CAFI: /portal/cafi

CFR Coruña: /portal/cfrcoruna

CFR Ferrol: /portal/cfrferrol

CFR Lugo: /portal/cfrlugo

CFR Ourense: /portal/cfrourense

CFR Pontevedra: /portal/cfrpontevedra

CFR Vigo: /portal/cfrvigo

Tema: 

Colectivo: 

G1202018 I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar

Summary: 

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar. Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Gallego

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar.

Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
 
Número de horas: 8
Data límite de inscrición: 01/04/2013

Os obxectivos desta Xornada son:

1. Promover o intercambio de actividades, así como o debate e a difusión de experiencias docentes con tecnoloxías da información e da comunicación.

2. Impulsar e apoiar o compromiso e a participación do profesorado coas tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente o proxecto ABALAR.

3. Facilitar a unificación de criterios e propostas de integración das tecnoloxías da información e da comunicación para unha mellora significativa da práctica docente.

 

baner xornada abalar