Título node Learning object

MuseScore
Xov, 06/06/2013 - 18:10
MuseScore

MuseScore é un programa editor de partituras de uso libre con versións para Windows, Mac e Ubuntu. É bastante sinxelo o seu emprego, e a súa páxina oficial conta cun completo manual.

Se estamos aplicando as TIC nas nosas clases de música tarde ou cedo poremos aos nosos alumnos a escribir música no ordenador. Con MuseScore non temos ningunha excusa, é asequible e sinxelo. Ao ser un programa libre permítenos instalalo nos ordenadores da aula e ademáis os alumnos poden descargalo e instalalo nos seus ordenadores persoais podendo realizar traballos e partituras na casa. Por outra parte, é unha sorte que MuseScore esté en galego e en español xa que este aspecto facilita moito o uso do programa e as indicacións que vaiamos dando aos alumnos. Outros editores en inglés engaden a dificultade dun vocabulario moi específico como é o dos términos musicais.

Na páxina oficial do programa "musescore.org" atopamos toda a información e os recursos necesarios para comezar a empregalo. Na zona de descarga están as diferentes versións do programa: MuseScore para Windows, para Mac, etc.

MuseScore conta cun Manual onde consultar as dubidas que loxicamente van xurdindo cando un se achega a un programa por primeira vez. Este manual divídese en varios apartados:

  • Inicio: Con información sobre instalación e creación dunha nova partitura.

  • Básico: Con información sobre ingresar notas, copiar e pegar, modo de edición, traballando con compases, paletas, desfacer, volver a facer e exportar.

  • Notación: Con extensa información sobre como usar os signos da linguaxe musical: alteracións, barras de compás, chaves, etc.

  • Son e reprodución: Con información sobre o modo de reprodución, o tempo e os axustes de son.

  • Ademáis dos aspectos sinalados anteriormente tamén contén información sobre: Atallos do tecladoGlosarioImaxesTextoFormato, e Soporte.

Cada un destes apartados contén numeras ligazóns coas explicacións pertinentes. As instrucións están moi claras xa que aportan exemplos visuais de cada un dos conceptos explicados que van acompañados, ademáis, por unha páxina especial para imprimir.  Na seguinte ligazón podes descargar o  Manual completo en PDF.

Artigo escrito por Maria Jesús Camino (CC-by-sa)