Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > MuseScore

MuseScore [1]

Enviado por portalcafi a Xov, 06/06/2013 - 18:10

MuseScore [2] é un programa editor de partituras de uso libre con versións para Windows, Mac e Ubuntu. É bastante sinxelo o seu emprego, e a súa páxina oficial conta cun completo manual.

Se estamos aplicando as TIC nas nosas clases de música tarde ou cedo poremos aos nosos alumnos a escribir música no ordenador. Con MuseScore non temos ningunha excusa, é asequible e sinxelo. Ao ser un programa libre permítenos instalalo nos ordenadores da aula e ademáis os alumnos poden descargalo e instalalo nos seus ordenadores persoais podendo realizar traballos e partituras na casa. Por outra parte, é unha sorte que MuseScore esté en galego e en español xa que este aspecto facilita moito o uso do programa e as indicacións que vaiamos dando aos alumnos. Outros editores en inglés engaden a dificultade dun vocabulario moi específico como é o dos términos musicais.

Na páxina oficial do programa "musescore.org" [3] atopamos toda a información e os recursos necesarios para comezar a empregalo. Na zona de descarga [4] están as diferentes versións do programa: MuseScore para Windows, para Mac, etc.

MuseScore conta cun Manual [5] onde consultar as dubidas que loxicamente van xurdindo cando un se achega a un programa por primeira vez. Este manual divídese en varios apartados:

  • Inicio [6]: Con información sobre instalación e creación dunha nova partitura.

  • Básico [7]: Con información sobre ingresar notas, copiar e pegar, modo de edición, traballando con compases, paletas, desfacer, volver a facer e exportar.

  • Notación: [8] Con extensa información sobre como usar os signos da linguaxe musical: alteracións, barras de compás, chaves, etc.

  • Son e reprodución [9]: Con información sobre o modo de reprodución, o tempo e os axustes de son.

  • Ademáis dos aspectos sinalados anteriormente tamén contén información sobre: Atallos do teclado [10], Glosario [11], Imaxes [12], Texto [13], Formato [14], e Soporte [15].

Cada un destes apartados contén numeras ligazóns coas explicacións pertinentes. As instrucións están moi claras xa que aportan exemplos visuais [16] de cada un dos conceptos explicados que van acompañados, ademáis, por unha páxina especial para imprimir [17].  Na seguinte ligazón podes descargar o  Manual completo en PDF [18].

Artigo escrito por Maria Jesús Camino (CC-by-sa)

Gallego
MuseScore [19]

Website: 

MuseScore [20]

Tema: 

Información xeral [21]
Recursos formativos [22]
Software gratuíto [23]
Ferramentas xerais [24]
Obxectos Dixitais Educativos [25]

Sección: 

CAFI [26]
CFR Coruña [27]
CFR Ferrol [28]
CFR Lugo [29]
CFR Ourense [30]
CFR Pontevedra [31]
CFR Vigo [32]

Áreas-CAFI: 

Departamentos [33]
Artística e deportiva [34]
Ensinanzas artísticas e deportivas [35]
Educación dixital [36]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9546

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9546
[2] http://es.wikipedia.org/wiki/MuseScore
[3] http://musescore.org/
[4] http://musescore.org/es/descarga
[5] http://musescore.org/es/manual
[6] http://musescore.org/es/manual/inicio
[7] http://musescore.org/es/manual/b%C3%A1sico
[8] http://musescore.org/es/manual/notaci%C3%B3n
[9] http://musescore.org/es/manual/sonido-y-reproducci%C3%B3n
[10] http://musescore.org/es/manual/atajos-del-teclado
[11] http://musescore.org/es/manual/glosario
[12] http://musescore.org/es/manual/im%C3%A1genes
[13] http://musescore.org/es/manual/texto
[14] http://musescore.org/es/manual/formato
[15] http://musescore.org/es/manual/soporte
[16] http://musescore.org/es/manual/trabajando-con-compases
[17] http://musescore.org/es/print/book/export/html/170
[18] http://musescore.org/es/download-handbook
[19] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/03/24/6a5997ebdb24d3c3ef6d659c095d8497.jpg
[20] http://musescore.org/gl
[21] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[22] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/730
[23] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/742
[24] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/426
[25] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/605
[26] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[27] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/724
[28] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/725
[29] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728
[30] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/729
[31] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/727
[32] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/726
[33] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[34] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/755
[35] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/763
[36] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/760