INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Novas

Outra xeración sae do Lamas (Graduación 2019 do 2º de Bacharelato)

Onte 23 de maio pola tarde tivo lugar no Salón de Actos a celebración da Graduación do alumnado da Promoción 2018-2019 do IES Lamas de Abade no 2º de Bacharelato. Inmensidade de emocións, anécdotas, sorrisos e algunha bágoa perdida vendo como un marabilloso grupo humano encamiña unha nova etapa da súa vida académica lonxe do recinto do noso benquerido Instituto. Compartimos os desexos de boa sorte no futuro e, por suposto, o desexo moi aplaudido de que sexan, sobre todo, boas persoas tal e como teñen amosado durante todos estes anos no Lamas.

Estamos agardando que cheguen algunhas das fotos de boa calidade feitas por algúns familiares do alumnado. De momento, dada a inmensidade de solicitudes nestas horas, compartimos link e álbum das que temos xa a disposición do Centro.

   

Novas imaxes da inauguración da Biblioteca

O profesorado de Lingua Galega e Lengua Castellana veñen de compartir novas imaxes da fermosa inauguración da Biblioteca do Lamas de Abade o pasado día 23. 

Algunhas delas están publicadas no Instagram "adeGalego". Animádevos a pulsar en "seguir" e poderedes acceder sen problema a ver as fotografías pulsando nas iconas de Instagram da liña inferior:

 Lectura continuada 1       Lectura Continuada 2 

A outra posibilidade é a de voltar a consultar o noso álbum de google photos.

Non digades que non se vos ofrecen posibilidades :)

Semana Cultural IES Lamas de Abade

 

 Para rematar o día de hoxe con ese grupo de apuntamentos culturais que anunciamos nas novas anteriores, comunicarvos que do 23 ao 26 de abril celebraremos a Semana Cultural do Lamas de Abade co título "InmigrACCIÓN: aproximación á crise dos refuxiados".

Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.

Xa sabemos o que argallaban na Biblioteca do Lamas: INAUGURACIÓN SORPRESA!!!!

Xa se desvelou a sorpresa no Lamas: nese grupo de novas culturais está a gran novidade coa que inauguramos o 3º trimestre deste curso xa que este martes día 23 de abril, coincidindo coa celebración do día do libro, o Lamas de Abade ten programadas unha chea de actividades para celebrar esa efeméride, pero tamén a inauguración da nova Biblioteca na que estiveron a traballar nas últimas semanas.

A primeira actividade coa que queremos comezar esta nova etapa da Biblioteca será unha "lectura continuada" levada a cabo por todos os grupos de Educación Secundaria e algúns de Formación Profesional do noso Instituto.

Prometemos fotos dos eventos e da refulxente reforma da Biblioteca!. E tamén dende a web do Lamas, unhas palabras de agradecemento para todas e todos os que teñen axudado nesta tarefa que perdurará no tempo. Grazas por todo o voso tempo e esforzo. 

Compartimos as fotos que xa comezan a configurar o álbum dos actos de inauguración.

 

Galardón para Iria Estévez no VIII Premio Avelina Lamas

Retomamos a actividade despois das vacacións con varias novas culturais relacionadas co Lamas de Abade:

Para comezar, deixar constancia dunha nova que publicamos con gran orgullo: A nosa alumna Iria Estévez Colmenero ten sido galardoada cun segundo premio no VIII Premio Nacional Avelina Lamas organizado polo Instituto Ramón María Aller Ulloa de Lalín pola súa participación na sección de marcapáxinas. Absolutamente marabillosa a creatividade amosada nos traballos presentados. Parabéns enormes

    

Deixamos link a web do Instituto organizador do Certame así como a algunhas páxinas de xornais nas que se citan as persoas premiadas

Que andan argallando na Biblioteca do Lamas????

Horario Exames Materias Pendentes Eso do mes de maio

 

 

O IES de Lamas gañador no Galicia Skills!!

http://picasion.com/
Gañamos o Galicia Skills!!

 

A nosa alumna Iria Díaz Granja resultou gañadora e medalla de ouro do concurso que se estivo celebrando estes días en Silleda na sección do ciclo de "Coidados auxiliares de enfermaría". 

 

Parabéns para a gañadora, a súa titora e todas as súas preparadoras. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer