INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Xa chegan os Skills Galicia 2018

Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpíada. Chegan os Skills 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.

Recordarvos que os Skills son unha proba moi esixente na que os gañadores a nivel galego poden participar despois no SpainSkills e incluso aspirar ao EuroSkills ou o WorldSkills sucesivamente se seguen resultando gañadores.

No caso da nosa representante, alumna do 2º curso de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE), terá que enfrontarse a unha proba común para o Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería centrado nun caso práctico de atención a persoas en situación de dependencia no que tamén é indispensable aplicar multitude de coñecementos teóricos propios do ciclo que requiren dunha preparación intensa da candidata na que tamén ten colaborado profesorado do Lamas.

Son en total 25 competicións relacionadas coas especialidades de Formación Profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. o mércores 28, a mañán do xoves e o venres 29, día no que se fai a entrega final.

Se queredes máis información xuntamos o link da páxina de FP da Xunta sobre este evento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer