Skip to Content

Inicio



28/03/23:
Avaliación ordinaria 2º Bacharelato- Curso 2022-2023


23/03/23:
Convocatoria de becas para ensinanzas postobrigatorias para o curso 2023-2024


17/02/23:
Todo o alumnado que fixo reserva de praza para o curso 2023-2024 está admitido


16/02/23:
Entroido: 20, 21 e 22 de febreiro de 2023


16/02/23:
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023


18/01/23:
Calendario de avaliacións para o curso 2022-2023


01/03/23:
Información sobre admisión de alumnado para o curso 2023-2024


12/01/23:
Comunicado ás familias: aparcamento do centro


10/01/23:
Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos 2023


02/12/22:
Resultados das eleccións ao Consello Escolar 2022

curso 2022-2023

Aldeas do mundo

 

 

 Quen somos? Cómo se manifesta a diversidade cultural da humanidade? Cales son os lazos en común, os camiños da diversidade que mostran a riqueza das diferentes culturas que debemos coñecer e promover? Estas son algunhas das preguntas das que nace este proxecto, "Aldeas do mundo". Para iso, a idea xeral busca traballar con distintas manifestacións culturais, históricas, artísticas e literarias no noso planeta, a través de distintos obradoiros organizados polo profesorado participante nas aulas de secundaria, cuxos resultados aparecen nesta mostra conxunta final no vestíbulo do instituto. Na área de plástica e visual elaboráronse títeres sobre personaxes da literatura universal, mentres que nas linguas (galego e castelán), linguas extranxeiras (inglés, francés) e informática deseñáronse campañas de promoción de países de fala inglesa e francesa, e sobre cultura universal, con carteis despregables. Desde física e química traballaron nun obradoiro con experimentos de aula, e nas matemáticas con xogos lóxico-matemáticos. Na área de historia, finalmente, fixeron guías de viaxe sobre determinados periodos históricos, e maquetas con edificacións humanas. E na de música, crearon partituras artesanais. Todo para fortalecer a pregunta inicial: quen somos? qué nos une? cal é parte do legado cultural que poderiamos coñecer e transmitir?.

Gañadoras do XII concurso Verso en Lúas


 O xurado do XII Concurso Verso en lúas, convocado polos nosos departamentos de lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega, acordou conceder dous primeiros premios, ás alumnas de 1º ESO Daniela Pérez Diéguez e Irene Álvarez Conde. Como en cursos pasados, as alumnas recibirán un diploma, e un vale de 50 euros. Parabéns!

Día internacional da muller


Con motivo do Día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo, no vestíbulo do centro pode verse unha pequena galería de mulleres galegas pioneiras ou esenciais nos seus campos de traballo: arte, literatura, ciencia....

XII concurso Verso en Lúas

 


 Os departamentos de lingua galega, lingua inglesa e lingua castelá convocan o XII Concurso "Verso en lúas". Animádevos a participar! As bases completas, no enlace da imaxe.

X concurso literario

Mª Victoria Taboada

 


 O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o X Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases están no enlace da imaxe.

De cine

(Kale/Kela)


 No vestíbulo do IES R.M.Aller Ulloa está a mostra "De cine" do grupo interdisciplinario Kale/Kela, coa que se buscaba traballar o mundo do cinema, e especialmente a súa relación con outras artes: pintura, música, literatura..., a través de diferentes prácticas de aula e obradoiros en varios cursos da ESO e bacharelato.  Así, fixéronse claquetas artesanais, con acontecementos históricos e a súa recreación no cine; máscaras co rostro de artistas da séptima arte en cartulina ou semellante e vídeos coa presentación da personaxe en cuestión; cámaras escuras; creación de negativos artesanais (imitando o celuloide  fílmico) con historias fabuladas inspiradas en material fílmico; deseño de elementos dunha orquestra imaxinaria, de instrumentos artesanais (reais ou non), para executar bandas sonoras dalgún filme; e diversos carteis orixinais de películas creados polo alumnado participante. O grupo interdisciplinar Kale/Kela está formado por profesorado dos departamentos de historia, plástica, inglés, lingua castelá, lingua galega, matemáticas, francés, física e química e xeografía e historia.

Revista Kareal

O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 22 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego, casteln e inglés, e unha entrevista ao escritor Antonio Piñeiro. O próximo número publicarase en maio de 2023

Quen son?

Quen son? No vestíbulo do centro podemos atopar un reto para descubrir un personaxe misterioso.  Poderás ler cinco pistas... Atréveste?

XII Premio nacional Avelina Lamas

"O Departamento de Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa convoca o XII Premio nacional Avelina Lamas, no que poden participar alumnos de secundaria de calquer centro español, así como aqueles de centros extranxeiros nos que se impartan clases de castelán. Mantéñense as tres categorías de portada de libros, marcapáxinas e poesía visual".

As bases atópanse no enlace da imaxe.

Cursos anteriores

Distribuir contido


by Dr. Radut