
05/06/23:
Lugares de celebración Premios extraordinarios de Bacharelato
01/06/23:
Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico- Curso 2022-2023
31/05/23:
Avaliación ordinaria 1º Bacharelato-Curso 2022-2023
19/05/23:
Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar- Curso 2023-2024
16/05/23:
Calendario de exames de 2º Bacharelato- Convocatoria extraordinaria- Xuño 2023
15/05/23:
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2023-2024
13/05/23:
Matrícula ABAU 2023
13/05/23:
Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Curso 2023-2024
13/05/23:
Bolsas complementarias ao estudo para o curso 2023-2024- Concello de Lalín
05/05/23:
Parámetros de ponderación de materias da ABAU para o 2023-2024
curso 2022-2023
Graduación de 2º de Bach.
Promoción 2021-2023
X concurso literario Mª Victoria Taboada: veredicto e textos premiados
O xurado do X Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para AROA AMORÍN NEGRO polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Prométeme máis cousas”, “Namorei hai tempo” e “Moitas veces quixen que vivises”; por expresar con fermosa e resignada ironía os paradoxos do sentimento amoroso: desde o engano consentido ata a esperanza, malia o fracaso, pero pasando sempre pola perplexa e apaixonada inmersión nos seus labirintos.
Accésit na categoría de poesía para RAQUEL MONTOTO GÓMEZ polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Un mundo sen min”, “Cinco liñas e catro espazos” e “Desesperación”; por ser exemplo salientable dunha poesía reflexiva que afronta con precisión a análise dunha experiencia humana universal: a loita entre as imposicións sociais e culturais e o desexo de liberdade individual.
1º premio na categoría de relato curto a MIGUEL SALGADO ABRÁLDES (pseudónimo) polo relato "Isto é", polo axeitado uso da sorpresa, humor e ironía para limar as diferenzas entre humanos e animais.
Accésit na categoría de relato curto para NOELIA IGLESIAS VÁZQUEZ polo relato titulado "O galego e eles", por reivindicar a tolerancia e a comprensión ante a diversidade de formas de ‘ser’ galegos.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto o luns 22 de maio nun acto poético-musical.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento..
Pódense ver os textos no enlace da imaxe.
Kareal 23
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 23 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego e castelán, e unha entrevista ao escritor Miro Villar. O próximo número publicarase en decembro de 2023
Relación de gañadores do XII Premio Nacional Avelina Lamas
O xurado do XII Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua castelá e literatura do IES R.M.Aller Ulloa, acordou por unanimidade, unha vez revisados os 72 traballos presentados a concurso, conceder os seguintes premios:
1. CATEGORÍA DE MARCAPÁGINAS:
-Primer premio: Iria Estévez Colmenero (IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela).
-Segundo premio: Ainara Fernández Sueiro (IES de Meaño).
2. CATEGORÍA DE PORTADA DE LIBROS:
-Primeiro premio: Ilona Tombor-Madarassy (Vetésy Albert Gimnázium, Veszprém, Hungría).
-Segundo premio: Carla Giribet Borrás (Col-legi Sant Ermengol, Andorra La Vella, Principado de Andorra).
-Terceiro premio: Valeria García Zaytseva (IES Alhamilla, Almería).
3.CATEGORÍA DE POESÍA VISUAL
-Primeiro premio: Mila Delgado (IES Navarro Villoslada, Pamplona).
-Segundo premio: Ágnes Schmidt (Vetésy Albert Gimnázium, Veszprém, Hungría).
-Terceiro premio: Anuar Egozcue Sghir (IES Navarro Villoslada, Pamplona).
Aldeas do mundo
Quen somos? Cómo se manifesta a diversidade cultural da humanidade? Cales son os lazos en común, os camiños da diversidade que mostran a riqueza das diferentes culturas que debemos coñecer e promover? Estas son algunhas das preguntas das que nace este proxecto, "Aldeas do mundo". Para iso, a idea xeral busca traballar con distintas manifestacións culturais, históricas, artísticas e literarias no noso planeta, a través de distintos obradoiros organizados polo profesorado participante nas aulas de secundaria, cuxos resultados aparecen nesta mostra conxunta final no vestíbulo do instituto. Na área de plástica e visual elaboráronse títeres sobre personaxes da literatura universal, mentres que nas linguas (galego e castelán), linguas extranxeiras (inglés, francés) e informática deseñáronse campañas de promoción de países de fala inglesa e francesa, e sobre cultura universal, con carteis despregables. Desde física e química traballaron nun obradoiro con experimentos de aula, e nas matemáticas con xogos lóxico-matemáticos. Na área de historia, finalmente, fixeron guías de viaxe sobre determinados periodos históricos, e maquetas con edificacións humanas. E na de música, crearon partituras artesanais. Todo para fortalecer a pregunta inicial: quen somos? qué nos une? cal é parte do legado cultural que poderiamos coñecer e transmitir?.
Gañadoras do XII concurso Verso en Lúas
O xurado do XII Concurso Verso en lúas, convocado polos nosos departamentos de lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega, acordou conceder dous primeiros premios, ás alumnas de 1º ESO Daniela Pérez Diéguez e Irene Álvarez Conde. Como en cursos pasados, as alumnas recibirán un diploma, e un vale de 50 euros. Parabéns!
Día internacional da muller
Con motivo do Día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo, no vestíbulo do centro pode verse unha pequena galería de mulleres galegas pioneiras ou esenciais nos seus campos de traballo: arte, literatura, ciencia....
XII concurso Verso en Lúas
Os departamentos de lingua galega, lingua inglesa e lingua castelá convocan o XII Concurso "Verso en lúas". Animádevos a participar! As bases completas, no enlace da imaxe.
X concurso literario
Mª Victoria Taboada
O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o X Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases están no enlace da imaxe.
De cine
(Kale/Kela)
No vestíbulo do IES R.M.Aller Ulloa está a mostra "De cine" do grupo interdisciplinario Kale/Kela, coa que se buscaba traballar o mundo do cinema, e especialmente a súa relación con outras artes: pintura, música, literatura..., a través de diferentes prácticas de aula e obradoiros en varios cursos da ESO e bacharelato. Así, fixéronse claquetas artesanais, con acontecementos históricos e a súa recreación no cine; máscaras co rostro de artistas da séptima arte en cartulina ou semellante e vídeos coa presentación da personaxe en cuestión; cámaras escuras; creación de negativos artesanais (imitando o celuloide fílmico) con historias fabuladas inspiradas en material fílmico; deseño de elementos dunha orquestra imaxinaria, de instrumentos artesanais (reais ou non), para executar bandas sonoras dalgún filme; e diversos carteis orixinais de películas creados polo alumnado participante. O grupo interdisciplinar Kale/Kela está formado por profesorado dos departamentos de historia, plástica, inglés, lingua castelá, lingua galega, matemáticas, francés, física e química e xeografía e historia.
Revista Kareal
O departamento de Lingua castelá do IES R.M. Aller Ulloa publicou o número 22 da revista KaReal, en versión en papel e dixital. Nesta ocasión inclúe obradoiros de creación en galego, casteln e inglés, e unha entrevista ao escritor Antonio Piñeiro. O próximo número publicarase en maio de 2023
Quen son?
Quen son? No vestíbulo do centro podemos atopar un reto para descubrir un personaxe misterioso. Poderás ler cinco pistas... Atréveste?
XII Premio nacional Avelina Lamas
"O Departamento de Lingua castelá do IES R.M.Aller Ulloa convoca o XII Premio nacional Avelina Lamas, no que poden participar alumnos de secundaria de calquer centro español, así como aqueles de centros extranxeiros nos que se impartan clases de castelán. Mantéñense as tres categorías de portada de libros, marcapáxinas e poesía visual".
As bases atópanse no enlace da imaxe.