FSE+ Galicia 21-27 – Ciclos Formación Profesional

Mar, 30/04/2024 - 11:00

Fondos europeos                   

Esta é unha medida que se pon en marcha coa finalidade de aumentar a participación na Formación Profesional de grao medio e grao superior. A finalidade é dobre. Por unha banda, preténdese reducir o abandono temperá ao ofrecer máis prazas ao alumnado que finaliza a educación secundaria obrigatoria ou que accede mediante as probas de acceso. Por outra, preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e para facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida especialmente en contornas rurais pouco poboadas, axustando esa oferta ás demandas de capital humano formado do tecido produtivo do territorio.

Esta operación encádrase no Obxectivo Político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais, Prioridade 3. Educación e formación, Obxectivo específico ESO4.5. Mellorar a calidade, a inclusividade, a eficacia e a pertinencia para o mercado laboral dos sistemas de educación e formación, especialmente a través da validación da aprendizaxe non formal e informal, co fin de contribuír á adquisición de competencias clave (incluídas as capacidades empresariais e dixitais), e de promover a introdución de sistemas de formación dual e de aprendizaxe profesional. Medida 3.E.01 Posta en marcha de ciclos de grao medio, grao superior e cursos de especialización, especialmente en contornas rurais menos poboadas.

Esta operación está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais do profesorado que intervén nos programas e os custos indirectos derivados da súa realización.

Normativa

Documentos de programación e xestión

Operacións seleccionadas

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado participante sobre o cofinanciamento.

  • Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se xunta no enlace anterior

  • Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 21-27.

Enlaces de interese: