Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > FSE+ Galicia 21-27 – Ciclos Formación Profesional

FSE+ Galicia 21-27 – Ciclos Formación Profesional [1]

Enviado por administrador a Mar, 30/04/2024 - 11:00
Gallego

                   Fondos europeos

Esta é unha medida que se pon en marcha coa finalidade de aumentar a participación na Formación Profesional de grao medio e grao superior. A finalidade é dobre. Por unha banda, preténdese reducir o abandono temperá ao ofrecer máis prazas ao alumnado que finaliza a educación secundaria obrigatoria ou que accede mediante as probas de acceso. Por outra, preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e para facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida especialmente en contornas rurais pouco poboadas, axustando esa oferta ás demandas de capital humano formado do tecido produtivo do territorio.

Esta operación encádrase no Obxectivo Político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais, Prioridade 3. Educación e formación, Obxectivo específico ESO4.5. Mellorar a calidade, a inclusividade, a eficacia e a pertinencia para o mercado laboral dos sistemas de educación e formación, especialmente a través da validación da aprendizaxe non formal e informal, co fin de contribuír á adquisición de competencias clave (incluídas as capacidades empresariais e dixitais), e de promover a introdución de sistemas de formación dual e de aprendizaxe profesional. Medida 3.E.01 Posta en marcha de ciclos de grao medio, grao superior e cursos de especialización, especialmente en contornas rurais menos poboadas.

Esta operación está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais do profesorado que intervén nos programas e os custos indirectos derivados da súa realización.

Normativa

  • Regulamento (UE) Nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de xuño de 2012, por lo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura [2]

  • Regulamento (UE) Nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) [3]

  • Regulamento delegado (UE) 2023/1676 da Comisión do 7 de xullo de 2023 polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo á definición de custos unitarios, importes a tanto alzado e tipos fixos e financiamento non vinculado aos custos para o reembolso de gastos aos Estados membros por parte da Comisión. [4]

  • Decisión C(2022) 9389 final da Comisión Europea pola que se aproba o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (09.12.2022) [5]

Documentos de programación e xestión

  • Programa FSE+ Galicia 2021-2027 [6]

Operacións seleccionadas

  • Curso 2023-2024

    • Operación Ciclos. Curso 2023-2024 [7]

    • Comunicación aos centros seleccionados [8]

    • Centros e operacións autorizadas [9]

    • Comunicación autorización operacións [10]

  • Curso 2024-2025

    • Operación Ciclos. Curso 2024-2025 [11]

    • Comunicación aos centros seleccionados [12]

    • Centros e operacións autorizadas [13]

      • Correción de erros centros e operacións autorizadas [14]

    • Comunicación autorización operacións [15]

Gastos de funcionamento

  • Curso 23-24 [16]
  • Curso 24-25 [17]

Información e comunicación

  • Cartel [18]

  • Logotipo UE [19]

Obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado participante sobre o cofinanciamento.

  • Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se xunta no enlace anterior

  • Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 21-27.

Enlaces de interese:

  • La Dirección General de Empleo, Asuntos Sociales e Igualdad de Oportunidades de la Comisión Europea [20]

  • La Unidad Administradora del FSE (UAFSE, Ministerio de Empleo y Seguridad Social) [21]

  • Fondo Social Europeo [22]

  • Comisión Europea [23]

  • Consellería de Facenda e Administración Pública [24] 

Fondo social europeo [25]
Formación Profesional inicial [26]
Dirección Xeral de Formación Profesional [27]
Servizo de Apoio Económico [28]
Centros [29]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/fse2127-ciclos

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/fse2127-ciclos
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/01_rgto_2021_1060_disposiciones_comunes.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/02_rgto_2021_1057_fse_plus.pdf
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2.d_89_2013gal.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/03._decision_aprobac_fse_galicia-2021-2027.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/01._programa_fsegalicia_21_27.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/rev_fp_ficha_descriptiva.pdf
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comunicacion_aos_centros_autorizados_2023-2024_asinada.pdf
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_proxectos_para_autorizacion_23-24.pdf
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/1_deca_ciclos_fp_23-24_anexo_1b.pdf
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/operacion_ciclos._curso_2024-2025.pdf
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comunicacion_aos_centros_autorizados.pdf
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/centros_e_operacions_autorizadas.pdf
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/correccion_de_errores_ciclos_formativos_.pdf
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comunicacion_autorizacion_operacion.pdf
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/gastos_de_funcionamiento_portal_23-24.pdf
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/gastos_de_funcionamiento24_25.pdf
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cartel_operaciones_curso_2024-2025.pdf
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/logos.doc
[20] http://ec.europa.eu/social/home.jsp?langId=es
[21] https://www.mites.gob.es/UAFSE/
[22] https://european-social-fund-plus.ec.europa.eu/es
[23] http://ec.europa.eu/index_es.htm
[24] http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/planificacion-e-fondos
[25] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/367
[26] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/85
[27] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[28] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1989
[29] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros