Skip to Content

Dirección

Dirección



Benvidos a nosa páxina web.

O instituo Ramón María Aller Ulloa atópase en Lalín, aproximadamente no centro de Galicia, nas terras do Deza.

É Don Ramón María Aller un dos ilustres fillos da vila, nado no ano 1878. As súas paixóns foron a astronomía e as matemáticas. Os sus traballos de astronomía obtiveron o recoñecemento dos medios científicos tanto españois como extranjeros. Publicou 78 arigos científicos, 4 libros e 5 teses doctorais, descubreu 4 estrelas dobres e foi autor de numerosos deseños de aparatos científicos. Co patrocinio do CSIC e do reitorado da Universidade de Santiago fundou o observatorio astronómico da Universidade, do que foi o seu primeiro director.

No ano 1960 recibiu a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio. Faleceu en Lalín o 28 de marzo de 1966. Din os que o coñeceron que sen embargo as súas mellores virtudes eran a bondade, a modestia e a humildade. Sen dúbida un bo exemplo para todos.

O IES Ramón M. Aller Ulloa é un centro docente de titularidade pública dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Neste centro impártense ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, concretamente as modalidades Científico- Tecnolóxica, Artes Escénicas, Música e Danza e de Humanidades e Ciencias Sociais, ademais do Bacharelato Musical, só en segundo de Bacharelato. Así mesmo, conta cun Ciclo Formativo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, un Ciclo Formativo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas e cun Programa de Cualificación Profesional Inicial. No instituto hai unha sección da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, creada na Orde do 7 de agosto de 2007, pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade de Galicia a partir do curso escolar 2007-2008. A partir do curso 2008-2009 comezou a funcionar un Aula Mentor, de formación a distancia, dependente do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, froito do convenio de colaboración entre este e a Consellería de Educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut