Xerais do centro

Actividades feitas no centro

O noso IES participa nun estudo do SERGAS sobre o peso na poboación escolar

O IES Francisco Aguiar foi elixido para participar,  cunha mostra de dous cursos da ESO,  nun estudo sobre caracteristicas relativas ao peso da poboación escolar. Mañá, xoves 14 de novembro,  terán lugar as sesións de medición. 

 

¡ De seguro que nos van encontrar como "un pincel" !  (por suposto que pinceis hainos de moitos tamaños..., pero  para un bo pintor/a cada un xoga o seu papel)

Lidia Gómez. merecido premio a unha ex-alumna do IES

 

Ao longo da nosa historia como Instituto o IES Francisco Aguiar tivo a fortuna de exercer como un auténtico viveiro de escritores e escritoras. Lembraremos a Xesús Fraga, Xosé Tomás  ou,  máis   recentemente,  a  Elena Veiga ou Raquel Vázquez .

Hoxe temos a honra de engadir a este elenco a Lidia Gómez Martínez que resultou gañadora da novena edición do Premio Biblos-Casa Grande do Bachao. Lidia estuda Filoloxía hispánica  .

O traballo premiado ten "os elementos necesarios para chegar a ofrecer un retrato singular dunha sociedade de tipo decimonónico, que ela concreta na relación dunha lavandeira compostelana coa súa patrona, a dona dunha curtiduría da Pontepedriña". Así o decidiu o xurado, integrado pola gañadora da sétima edición do Biblos, Iria Morgade Valcárcel, ademáis de por Tucho Calvo e María Xosé Queizán.

Lidia Gómez Martínez "amósanos a distancia entre dous mundos moi arredados social, económica e culturalmente, cos seus soños e os seus medos condicionados pola opinión da xente. Pero o interés do argumento que debe ser desenvolvido nos vindeiros meses nace precisamente na imposibilidade de manter eses universos estancos, do obrigado contacto e as relacións nos tarreos máis cotiáns da vida e dos sentimentos", continua sinalando o fallo do xurado.

 Noraboa!

 http://www.sermosgaliza.com/artigo/letras-e-ideas/ordense-lidia-gomez-gana-premio-biblos-novela-menores-25-anos/20130719204112017380.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/07/20/lidia-gomez-martinez-ganadora-do-premio-biblos-novela/0003_201307G20P41992.htm

Recoñecemento ao traballo ben feito. David Martínez Vázquez

 

O alumno do IES "Francisco Aguiar", David Martínez Vázquez participou no "Acto de recoñecemento aos mellores estudantes do Ensino Medio de Galicia" organizado pola Universidade de Santiago de Compostela  para homenaxear a aqueles estudantes que acadaron unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAAU).

 

O acto tivo lugar o 5 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e estivo presidido polo alcalde da cidade e autoridades da Universidade

CURSO 2012-2O13 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

VIDEOCONFERENCIA : "Facendo física de partículas polo mundo"

Dirixida ó alumnado de 1º/2º BAC e 4º da ESO

DATA : martes 6 de novembro

Conectados con Xenebra, Santiago, Londres e Lisboa

Temas:

a)Bosón de Higs                                                 

b)Partículas supersimétricas

c)Resultado de plasma de quarks e gluons...

Charla sobre o Acoso Escolar

27-Abril-2012

borremos o acoso escolarA Garda Civil vén ao centro a impartir unha charla ao alumnado da ESO acerca de cómo actuar, previr e tratar nos casos de acoso escolar.

Nivel Horario Lugar
3º/4º ESO de 9:30 a 10:15 Salón de actos
1º ESO de 10:40 a 11:30

Salón de actos 1º ciclo

2º ESO de 11:30 a 12:15

Salón de actos 1º ciclo

I Concurso de monólogos cómicos

Recollida de textos ata o 5 de Maio de 2012

sweet smileysBases:

  • Poderán participar todas as alumnas e alumnos do centro.
  • O concurso terá lugar no salón de actos. Alí, perante o numeroso e, avisamos, extremada, excesiva, esaxerada, descomedidamente esixente público do instituto, deberán ser ditos os monóiogos.
  • A temática é libre.
  • Para poder participar é preciso ter entregado na biblioteca o texto do monólogo antes do 5 de maio.
  • A duración do monólogo estará comprendida entre os dous e os seis minutos.???????

Premios:

Ademais do premio ao gañador absoluto, entregaranse premios ao mellor texto e á mellor interpretación. É posible por tanto tamén participar só como autor do texto ou como intérprete do texto doutro. En relación con isto, o xurado, que estará formado por reputados bromistas, valorará os seguintes aspectos:

  • Graza e desenvoltura da interpretaclón.
  • Comicidade e orixinalidade do texto.
  • Calidade do xamón entregado ao competente xurado.

ÁNIMO VALENTES, ¿QUÉN DIXO MEDO?

Imaxe licenza CC BY-NC-SA Atribución por w3i_yu

Charla para a prevención de drogodependencias.

Marzo-2012

con las drogas no te la juegues

 

Charlas para a prevención de drogodependencias organizadas polo Concello de Betanzos e Vicedirección.

Destinadas ao alumnado de 1º, 2º, e 3º da ESO.

Curso Data Horario
1ºA ESO Xoves 22 9:30-10:15
1ºB ESO Xoves 22 10:40-11:30
1ºC ESO Xoves 22 11:30-12:15
1ºD ESO Venres 23 9:30-10:15
2ºA ESO Venres 23 10:40-11:30
2ºB ESO Venres 23 11:30-12:15
2ºC ESO Xoves 29 9:30-10:15
2ºD ESO Xoves 29 10:40-11:30
3ºA ESO Venres 30 9:30-10:15
3ºB ESO Venres 30 10:40-11:30
3ºC/D ESO Venres 30 11:30-12:15

 

 

 

Concurso de comparsas

17-Febreiro-2012

Gran concurso de comparsas, a partir do 2º recreo, para todo o alumnado que se inscriba na actividade. ¿A qué esperades?

mascara

Charla "A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero"

26-27 de Xaneiro de 2012 cooperación galega

Organizada por Vicedirección e destinada ao alumnado de 1º e 2º da ESO. A charla corre a cargo das O.N.X.s Cooperación Galega e Mundo Cooperante.

O proxecto "A desigualdade no países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero" céntrase na sensibilización sobre as desigualdades que ocorren nos países do Sur, especialmente aquelas que afectan a mullermundo cooperantees e nenas.

A distribución de asistencia á actividade será a seguinte:

Día Curso/Grupo Hora prevista
Xoves 26 1º ESO A 8:45-10:15
1º ESO B 10:40-12:15
1º ESO C 12:40-14:45
Venres 27 1º ESO D 8:45-10:15
2º ESO A 10:40-12:15
2º ESO B 12:40-14:45

 

Trofeo de Nadal de Balonmán

20-Decembro-2011

balonmano navidadNo pavillón polideportivo de 10:15 a 12:40  e organizado por Raimundo Fernandez do departamento de Educación Física.

 

 

Ilustración Postal navideña del Cai Balonmano por Bernal.

Distribuir contido