1º Bacharelato

Meteoescolas TIC: Climogramas con LibreOffice Calc

Dentro do traballo en Ofimática follas de Cálculo con LibreOffice Calc, os de 1º BAC TIC fixemos coma exercizo a elaboración dunha gráfica tipo climograma. 

Para seguir os nosos pasos podes consultar o titorial que se liga aquí.


Tamén compartimos neste pdf algúns exemplos dos resultados do noso traballo:

 

De barcos tradicionais e 3D: Fasquía 3D modelos realizados por 1º BAC TIC

Da colaboración co CIFP Ferrolterra xurdiu o proxecto ''Fasquía 3D''  no que colabora o noso centro e que busca reproduccir en 3D, para logo poder imprimir, embarcacións tradicionais galegas.

Aínda á espera de imprimir os mellores dos nosos proxectos, feitos sen medidas rigorosas, pero sí coma unha aproximación do alumnado á riqueza naútica da nosa terra,  compartimos pequenas instantáneas do traballo do alumnado.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Acurtando distancias no mar: de barcos tradicionais e outros barcos modelados en 3D

Obradoiro de Escrita Creativa (2)

21/04/2021 09:45
21/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.

 

Obradoiro de Escrita Creativa

19/04/2021 10:35
19/04/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.

Prácticas modelado 3D Blender TIC 1º BAC

A falta de la práctica final, estas son algunas de las pequeñas creaciones que nosticsbeta sirvieron para aprender y modelar en 3D con el programa de software libre Blender. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Prácticas Modelado 3D TICI1ºBAC

Autopsia tecnolóxica (V)

 Con esta última autopsia tecnolóxica, feita por Antón Patiño, pechamos a serie dedicada á disección de aparellos da nosa vida cotiá, realizada na materia de Tecnoloxía industrial.

 

Autopsia tecnolóxica (IV)

 

Neste video podedes ver a autopsia tecnolóxica dun dron, realizada polo noso alumno de 1º de Bacharelato Daniel Méndez.

Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio

Compartimos con todos vós os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.

Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.

Á pregunta, ''cal foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos ti a decidir cal é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.

Autopsias tecnolóxicas (III)

Terceira entrega das autopsias tecnolóxicas, realizada polo alumno Manuel Vázquez Varela, de 1º de Bacharelato.

Un excelente traballo! E conseguiu reparar o aparello!

 

 

 

Autopsias tecnolóxicas (II)

 

Eis unha segunda entrega das autopsias tecnolóxicas, realizadas polo alumnado da optativa Tecnoloxía Industrial, de 1º de Bacharelato.

Neste video podedes ver como é por dentro un vello despertador, "destripado" por Ana C.

 

Distribuir contido