1º Bacharelato
Resumo do encontro de VIII Encontro de alumn@s de música de secundaria de Galicia organizado por #ASOMÚSICA
O pasado martes, 30 de abril, os alumnos de Linguaxe e práctica musical de 1ºBac, acompañados das da súa profesoras Beatriz García e Blanca Bello, praticiparon no VIII Encontro de alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia en Santiago de Compostela, organizado por ASOMUSICA, que é asociación de profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, da cal Blanca é a presidenta.
Os rapaces viviron unha experiencia inolvidable participando no macroconcerto de 4 horas e nos obradoiros de Hip hop e Batucada que se impartiron simultáneamente.
Aqui vos deixamos a mostra das súas actuacións e fragmentos da reportaxe que A Revista da TVG fixo sobre o evento.
Enlace á reportaxe da TVG sobre o evento.
Noraboa ao alumnado participante e a profesora Blanca Bello polo seu traballo á hora de educar en algo tan importante e indispensábel como é a Música.
Charla orientación e terapia ocupacional para 1ºBAC D e E
|
|
Dous ex-alumnos do centro, Tania Penas e Alfonso Seijo, ambos no derradeiro curso do grao en Terapia Ocupacional, nos visitan para dar unha charla orientativa ao noso alumnado. |
Video da viaxe a Bélxica 2019.
A nosa compañeira Beatriz Muíño, do departamento de francés, compañeira de departamento e co-promotora xunto a Beatriz Vázquez desta viaxe, achéganos un video da súa autoría resumindo a estancia en Bélxica.
Agradecer ás dúas Beatrices todo o seu bó facer durante esta viaxe de tanto proveito para o alumnado.
Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas
Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar
Encontro musical 2019 organizado por ASOMÚSICA para alumnado de LPM de 1º BAC
![]() |
martes 30 abril 2019 Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases. |
Participación na carreira solidaria 'Km de solidariedade 2019' promovida por alumnado do IES As Mariñas
O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º de BAC do IES As Mariñas promoveu unha carreira para recaudar fondos para a ONG 'Save the children'. O noso alumnado de 1º de BAC quíxose sumar á esta solidaria iniciativa da man do seu profesor de educación física, Leonardo Piñeiro.
Participación dos 1ºBAC na 'Carreira escolar a prol do Dereito á Educación'
O venres 12 de abril de 11 a 12 horas terá lugar unha singular iniciativa para recaudar fondos para ONG 'Save the Children'. O alumnado de Educación Física de 1º de Bacharelato do IES 'As Mariñas' promove este proxecto co que colaboran o Concello de Betanzos e a asociación 'As vellas non paramos'.
O 'Aguiar' únese a esta iniciativa solidaria co alumnado de 1º de Bacharelato.
HORA DE LER 25ª SEMANA [1ª SESIÓN] E ENCONTRO DE ALUMNADO DE 1º BAC CON ANDRÉS NEUMAN
25ª SEMANA [1ª SESIÓN]
Día da poesía: 'Ninguén é poeta' a cargo do grupo Aldaolado para 1º BAC
Luns 18 de Marzo 2019
Celebración do día da poesía cunha actividade organizada por Xan Munín Neira, xefe do Departamento de Normalización Lingüística e profesor de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Concello de Betanzos.
De 10:25 a 11:15 no salón de actos para todos os 1ºBAC
A actividade correrá a cargo do grupo Aldaolado do que vos animamos a ver moitas das súas actuacións que se atopan grabadas en vídeo na plataforma youtube.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - 1º Bacharelato Distribuir contido](/centros/iesfranciscoaguiar/misc/feed.png)