1º Bacharelato

Visita 360º ás obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo

O pasado mes de outubro o alumnado de EPVA de 1º BAC foi invitado a visitar as obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo en Betanzos. Todo un luxo que hai que difundir e aproveitar. De ahí a coller a cámara 360º do centro e facer un par de contidos interactivos en diferentes plataformas e posibilidades. Comezo con H5P que está integrado dentro das AV Moodle e Edixgal. Para acceder a este contido e navegar por él debes entrar na AV do centro coma convidado. Preme na imaxe para comezar, recoméndovos o modo pantalla completa para navegar polas 4 imaxes 360 interactivas e mesmo responder preguntas ou facer actividades. 




Outra forma pero sen a parte de preguntas interactivas é un contido similar dentro da plataforma Roundme que tanto segue a gustarme e que permite colgar estes contidos de xeito gratuito. A gran vantaxe que lle vexo é a facilidade para cambiar a modo de gafas de VR nesta plataforma, algo que aínda non probei con H5P, e que permite unha experiencia completamente inmersiva.

 
 

 
De calquera das formas, semiinmersiva ou inmersiva, en pantalla ou con gafas, con preguntas interactivas ou só con contido asociado, disfrutade con nós desta visita que temos que agradecer e da que tantas ganas teñen todos os amantes do Parque do Pasatempo en Betanzos. Xa queda menos para volver a disfrutar de paseos por este entorno tan singular.
 
Dende esta páxina expresar o noso agradecemento ao Concello de Betanzos por invitarnos a esta visita e á asociación de amigos do Parque do Pasatempo co seu blogue http://parquepasatiempo.blogspot.com/ pola súa labor divulgativa e cultural.

Visita ao Parque do Pasatempo (II)

27/10/2022 09:30
27/10/2022 11:00
Etc/GMT+2

Unha parte do grupo de 1º B de Bacharelato (a outra metade) o alumnado coa optativa de Debuxo Técnico, visita hoxe as obras de restauración do Parque Enciclopédico do Pasatempo.

Visita ás obras do Parque do Pasatempo

25/10/2022 09:30
25/10/2022 11:00
Etc/GMT+2

Unha parte do grupo de 1º B de Bacharelato, o alumnado coa optativa de Debuxo Técnico, visita hoxe as obras de restauración do Parque Enciclopédico do Pasatempo.

"Faíscas de futuro" - Obradoiro de divulgación de Antolín Faraldo

04/10/2022 22:01
06/10/2022 21:59
Etc/GMT+2

No marco do "ano Faraldo", a Normalización Lingüística organiza un obradoiro de divulgación sobre Antolín Faraldo, dirixido aos primeiros de Bacharelato e que se estende ao longo do 5 e 6 de outubro.

Léxico da Anatomía

O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando a etimoloxía do léxico da anatomía.

Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía coa esperanza de que sexa o primeiro de moitos. Guiño

Itinerario Didáctico pola Serra de Forgoselo

A serra do Forgoselo, no concello de San Sadurniño, atópase no extremo sur do proxecto de xeoparque Cabo Ortegal. Os fenómenos graníticos como pedras cabaleiras e abaladoiras, birlos, pías e cacholas obsérvanse en todo o macizo, onde tamén se atopan lagoas e turbeiras naturais. Está declarado Lugar de Interés Comunitario.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Serra do Forgoselo

Roteiro pola serra de Forgoselo

03/05/2022 06:45
03/05/2022 16:00
Etc/GMT+2

A saída pretende realizar un estudo da modelaxe granítica, traballar cun mapa topográfico e completar un estudo medioambiental da zona: gandaría extensiva, impacto da enerxía eólica e a rexeneración da mina das Pontes.

Probas orais para a obtención do diploma de francés DELF B1

12/05/2022 08:01
12/05/2022 11:45
Etc/GMT+2

Como en convocatorias anteriores, hai alumnos e alumnas do noso centro, fundamentalmente de 1º de Bacharelato, que van certificar o seu nivel de francés.

As probas orais do DELF B1 serán realizadas no noso centro, cunha examinadora que se despraza ao noso centro.

Os exames serán o xoves 12 de maio, desde as 10.00 até as 13.45.

Charla sobre educación tributaria

31/03/2022 10:35
31/03/2022 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado da materia de Economía, de 1º de Bacharelato ten unha charla sobre educación tributaria, impartida por unha funcionaria da Axencia Tributaria.

Autopsia tecnolóxica

Estamos rodeados por obxectos tecnolóxicos, pero case nunca pensamos nas partes que os compoñen, como funcionan, nos materiais cos que están construídos,...

Para estimular esta curiosidade polo funcionamento do mundo tecnolóxico no que vivimos as alumnas e alumnos da materia de Tecnoloxía Industrial en 1º de bacharelato, gravaron en vídeo as autopsias tecnolóxicas de diversos obxectos.

 

 

E aquí temos unha mostra representativa do traballo realizado. A primeira autopsia tecnolóxica foi realizada por María Blanco Sabín.

 

 

A segunda autopsia foi realizada por Cristina Vázquez

Distribuir contido