Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
Start: 09/11/2020 20:02
O visionado deste vídeo divulgativo de Marisa Garcia Alonso [Estudios Analíticos Aplicados A La Clínica] debería axudar a concienciar sobre o bo uso e coidado dos distintos tipos de mascarillas, que deben ser algo máis que un pano para cubrir a cara e, de ningunha maneira, unha fonte de infeccións.
Equipo Covid
| 10
| 11
| 12
| 13
| 14
Start: 14/11/2020 16:42
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Que o noso querido compañeiro Óscar García Ramos gañou o Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo.
O veciño de Bergondo Óscar García Ramos fíxose co máximo galardón da vixésimo cuarta edición do certame Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo. O xurado destacou a presenza dunha voz culta e intelectualizada en equilibro co xogo de referencias surrealistas no que se moven os versos. Desde o punto de vista do contido, salientou o tratamento que se fai do tema do espello desde moi diversas ópticas e o xogo mitolóxico.
Start: 14/11/2020 16:55
SOLICITUDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE ESO
Prazo de presentación de solicitude: Do 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020.
Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar.
O alumnado que fose beneficiario da axuda de 50 Euros para adquirir material escolar NON terá que presentar solicitude.
Documentación:
(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 230 do 13.11.20 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.qal).
Betanzos, a 13 de novembro de 2020.
| 15
Start: 15/11/2020 11:41
HORA DE LER 6ª Semana [6ª sesión]
Paisaxe outonal. Unha folla de pradairo para lembrar onde temos que recomezar a lectura de obras como as de Raquel Vázquez ou Óscar García Ramos. Que mellor proposta de lectura que as obras literarias que os nosos lectores saben escribir....
|