Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Sábado Novembro 14, 2020 »
Sáb
Start: 14/11/2020 16:42

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... 

Que o noso querido compañeiro Óscar García Ramos gañou o Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo.

 

O veciño de Bergondo Óscar García Ramos fíxose co máximo galardón da vixésimo cuarta edición do certame Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo. O xurado destacou a presenza dunha voz culta e intelectualizada en equilibro co xogo de referencias surrealistas no que se moven os versos. Desde o punto de vista do contido, salientou o tratamento que se fai do tema do espello desde moi diversas ópticas e o xogo mitolóxico.

 

La Voz de Galicia

Start: 14/11/2020 16:55

 

 

 

SOLICITUDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE ESO

 

Prazo de presentación de solicitude: Do 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020.

 

Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar.

 

O alumnado que fose beneficiario da axuda de 50 Euros para adquirir material escolar NON terá que presentar solicitude.

 

Documentación:

 

  • Solicitude cubería segundo Anexo I e Anexo II que se adxunta.

  • Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acredidativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • Certificado de grao de discapacidade do/da alumndo/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar documentación acreditativa.

  • No caso de que os proxenitores carezan de DNI ou NIF: Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe de Servicios Sociais ou equivalente.

 

(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 230 do 13.11.20 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.qal).

 

Betanzos, a 13 de novembro de 2020.

 

Información e modelos neste PDF

Distribuir contido