CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS, Óscar García Ramos, gañador do certame Francisco Añón

14/11/2020 15:42
Europe/Andorra

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... 

Que o noso querido compañeiro Óscar García Ramos gañou o Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo.

 

O veciño de Bergondo Óscar García Ramos fíxose co máximo galardón da vixésimo cuarta edición do certame Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo. O xurado destacou a presenza dunha voz culta e intelectualizada en equilibro co xogo de referencias surrealistas no que se moven os versos. Desde o punto de vista do contido, salientou o tratamento que se fai do tema do espello desde moi diversas ópticas e o xogo mitolóxico.

 

La Voz de Galicia