Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

Programa “Educar en Xustiza” 2022

 

Asistencia do alumnado de 4º da ESO a diferentes xuízos celebrados na Audiencia Provincial da Coruña ao longo dos meses de abril e maio no marco do Programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

 

A visita do noso centro aparece recollida neste artigo de La Opinión A Coruña.

 

 

 

Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe

CHARLA Escola de Arbitraxe

O pasado xoves, 19 de maio de 2022, o Concello de Culleredo, a través das Concellerías de Deportes e Xuventude, e o Comité Técnico Galego de Árbitros, acolleu unha iniciativa pioneira, que ten como meta a creación da primeira Escola de Arbitraxe para a xuventude cullerdense.️

Nesta xornada, os profesionais Rubén Eiriz, delegado do Comité de Árbitros da Coruña, e Eugenia Gil Soriano, árbitra da Liga Iberdrola, acompañados polo conselleiro de Deportes, Miguel Suarez, explicaron a súa experiencia ao alumnado do IES Blanco Amor. 

A charla, obtivo unha gran participación por parte da rapazada, que mesmo participou nun sorteo de agasallos. 

 

Dende os seguintes links pódese acceder ao artículo publicado en "La Opinión" e á entrada no Facebook de Xuventude Culleredo

 

Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe

 

Visita ás nosas institucións 2020

 

O pasado 13 de maio, os alumnos de 4º A e C de ESO visitaron a sede do Parlamento e a Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, completando así o seu achegamento aos tres poderes, despois de ter asistido nos días anteriores a un xuizo nas dependencias xudiciais da Audiencia Provincial do edificio da antiga fábrica de tabacos.

 

 

 

 

 

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

O pasado sábado 7 de maio, o alumnado e profesorado do Club de Ciencia representaron ao noso centro, un ano máis, no Día da Ciencia na Rúa celebrado no parque de Santa Margarida da Coruña.

A gran afluencia de público e o esforzo do noso alumnado na presentación dos  proxectos de investigación desenvolvidos no presente curso escolar fixo deste día unha experiencia inesquecible.

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

Visita XEOPARQUE CABO ORTEGAL maio 2022

O pasado 2 de maio, o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha visita guiada polo doutor en xeoloxía Francisco Canosa ao Xeoparque Cabo Ortegal.

Saíndo de Cedeira visitaron: Chao do Monte, Macizo de Herbeira, panorámica dos cantís (praia de Teixidelo), porto de Cariño e Cabo Ortegal.

O alumnado e o profesorado acompañante valoraron moi positivamente esta actividade que esperamos repetir nos vindeiros cursos.

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos 

POPSÍA con Fran Amil 2022

O pasado 22 de abril, o alumnado de 4ºESO asistiu á charla-concerto POPSIA con Fran Amil, un percorrido pola poesía dende o século XIII ata o XX., no Salón de actos do edificio de servizos múltiples de O Burgo.

Esta actividade foi gratuíta, costeada íntegramente polo concello. O alumnado desprazouse a pé acompañado por profesorado do centro e coa colaboración de a policía local.

Máis información e fotos no Blog de EDLG

Exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”

Onte, 27 de abril de 2022, no IES Blanco Amor tivemos a satisfacción de que a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, inaugurase cunha charla explicativa, a súa exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón” que relata como 27 republicanos, agachados durante a guerra civil na comarca de Ferrolterra, partiron de Ares, nunha noite de xullo de 1939, para chegar a Francia salvando as súas vidas  e como foron as súas vivencias posteriores.

É unha historia, non só de supervivencia, senón tamén de xenerosidade solidaria, de sacrificios  e da loita pola dignidade dun pobo.

Dende a AC Memoria Histórica Democrática fixéronnos chegar a seguintes palabras de agradecemento:

"Agradecemos moito o seu interese ao alumnado, as profesoras e a dirección do centro, que tivo a atención de agasallar á nosa Asociación cunha placa de Sargadelos, cuio motivo é Eduardo Blanco Amor que lle da nome ao Centro, pero o verdadeiro regalo é que nos permitan levar á xuventude – ao futuro – estas leccións de Historia solidaria. A todas e todos moitas grazas." 

 

Pódese acceder a máis fotos premendo na imaxe

Taller de primeiros auxilios 2022

Taller de 1º auxilios realizado por residentes de enfermería familiar y comunitaria de A Coruña.

Cursos implicados 3º, 4º y 1º Bac.

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos 

Distribuir contenido