Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: COÑÉCEAS! 2022

 

As alumnas/os de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron o 8 de febreiro a unhas videoconferencias organizadas para centros educativos de toda España pola asociaicón Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) tituladas Coñéceas! para celebrar a semana do "Día da Muller e Nena na Ciencia".

As "Detectivas do cancro" que acercaron ao noso alumnado o seu traballo como investigadoras e aclararon a situación na que se atopa a muller investigadora en España, foron Tania Montes e Kelly Conde  investigadoras do INIBIC da Coruña. As videoconferencias foron seguidas con gran interese e participación polo noso alumnado e resultaron moi motivadoras. 

Grazas pola vosa participación!

 Premer na imaxe para acceder a máis fotos

VISITA AO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA 2022

O LUNS 17 DE XANEIRO OS ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO VISITAMOS O ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

 Premer nas imaxes para acceder ao álbum de fotos.

CARTAS CANDELORIA 2022

 

        

 

  

Escríbelle en GALEGO 

unha carta de amor,amizade ou agradecemento a alguén do insituto. 

 

 

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS

  

   

 

 

Felicitación de Nadal 2021 - Departamento de Música

Como cada Nadal, o Departamento de Música do noso instituto, vos desexa felices festas dunha forma moi especial. Pulsando na imaxe pódese acceder ao programa completo deste "mini-concerto", poderedes acceder aos vídeos das 4 cancións facendo click nos títulos que aparecen na primeira páxina do programa.

VISITA AO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA 2021

OS ALUMNOS DE 4º DE ESO VISITAMOS O MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA E A CASA-MUSEO DE CASARES QUIROGA.

Aproveitamos para coñecer máis polo miúdo a súa cidade medieval, as súas igrexas e prazas.

 

Premer nas imaxes para acceder ao álbum de fotos.

GAÑADORAS CONCURSO DE CONXUROS 2021

Estas son as gañadoras do

"Concurso de Conxuros"

 

María Alonso Pérez (2ºBAC-C)

Alejandra López Tapias (3ºESO-B)

Lucía López Gómez (1ºESO-F)

 

Podedes ler os conxuros premendo na imaxe

NON É AMOR: VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA

VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA 

Nun recente informe de Save the Children titulado "Non é amor", afírmase que o negacionismo  da violencia de xénero entre a mocidade nos últimos anos vai en aumento e é moi preocupante. Pódese observar como as relacións afectivas entre adolescentes anticípanse cada vez máis establecendo vínculos non igualitaros e abusivos que se fundamentan na subordinación e no control.

Desde o IES EBA estamos convencidos de que a educación é unha ferramenta clave para loitar contra o sexismo e a violencia en calquera das súas formas, e por iso, pretendemos que o noso  alumnado aprenda, desde moi novo, a identificar e erradicar este tipo  de actitudes e comportamentos. Coa pretensión de introducir valores igualitarios e libres de prexuízos  e de estereotipos sexistas, queremos facilitarlles modelos de relación baseados na igualdade durante todas as etapas educativas. Por iso, todo o centro: equipo directivo, departamento de orientación, profesorado e persoal non docente, solicitamos a axuda das familias para que este proxecto  non se convirta nunha simple efeméride dun día e teña continuidade durante o resto do curso.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos, ao que se irán engadindo máis nos próximos días.

GAÑADORAS CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

O pasado venres, 5 de novembro, entregamos na Biblioteca os premios do “Concurso de Microrrelatos de Terror”.  

Podedes ler os microrrelatos no BLOG

Estas son as alumnas gañadoras:

Rocío Fernández Díaz (1ºESO-B)

Elena Sierra Balseiro (4ºESO-A)

Ainhoa Rodríguez Salgado (1ºBAC-A)

Agradecemos á ANPA a súa colaboración

 

 

Diplomas de voluntariado na biblioteca escolar

   

Comeza o curso en BIBLIOEBA, e nada mellor que facelo coa entrega de diplomas ao alumnado que participou o curso pasado no VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Con esta iniciativa na que participa o noso Centro, a Consellería de Educación pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural.

Enlace ao blog de BIBLIOEBA

 

Distribuir contenido