Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

ENTREGA DE PREMIOS concurso MICRORRELATOS DE MEDO 2020

Alba Sangil López

1º ESO-C

 

Manuel Carril Espiñeira 

3º ESO-B

 

Noelia Perpetuo Martínez 

1º BAC-B

OPERACIÓN KILO novembro 2020

 

A solidariedade é un sinal de identidade do noso instituto. Esta é a proba. Outro ano máis o alumnado, as súas familias e todo o persoal do centro do IES EBA participou activamente na campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas, e incluso moitos foron de voluntarios á campaña que tivo lugar nos supermercados durante esta fin de semana.

 Premer na imaxe para acceder a máis fotos

WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

 

PÁXINA WEB CREADA POLO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA A PROMOCIÓN DA PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA E MELLORA DA SAÚDE DURANTE O CONFINAMENTO.

 

 

Accede pulsando na imaxe

 

8 de marzo-Día da Muller IES EBA

       

  


 
 

Premendo na imaxe pódese visitar dende aquí a nosa exposición

 

8 de marzo-Día da Muller na Biblioteca

  

Para comezar coa celebración do 8 de marzo, Día da Muller, na Biblioteca temos xa unha exposición de libros sobre mulleres destacadas en distintos ámbitos. 
Non deixedes de visitala!
Enlace ao blog

Fálame da emigración

Afundación publica os traballos dos nosos alumnos  sobre as historias de vida dos seus maiores na emigración.

http://falamedaemigracion.afundacion.org/gl/traballos-escolares/82-ies-blanco-amor-culleredo

 

TALLER DE TEATRO

O vindeiro luns 2 de marzo teremos unha master class co prestixioso grupo de teatro El Ruiseñor. Será nos dous recreos na biblioteca.

Comezamos en abril as clases de teatro. Anímate a participar!

Máis información no seguinte LINK

CHARLA BIEITO RUBIDO 2020

    

Bieito Rubido veu ao noso instituto o pasado venres 7 de febreiro para dar unha charla aos alumnos de cuarto da ESO sobre a importancia do estudo, a lectura, a información veraz, o pensamento crítico e os valores humanos; en definitiva, unha invitación a reflexionar sobre as estratexias para lograr o éxito a nivel profesional e persoal. 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

FALEMOS DE EMIGRACIÓN (2ª parte)


 

 

O pasado xoves, 30 de xaneiro de 2020,tivemos a 2ª parte da actividade "Falemos da emigración". Nesta ocasión foron os nosos rapaces/as os que investigaron e contaron as historias da emigración das súas familias ou coñecidos.

«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores.

  

 

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.

https://falamedaemigracion.afundacion.org/gl/colaboradores/13-centros-de-maiores-afundaci%C3%B3n/a-coru%C3%B1a

Na imaxe da esquerda podemos ver a publicación no "El Ideal Gallego" do día 31-01-20  

 

Premendo nas fotos pódese acceder ao álbum con máis imaxes    

Distribuir contenido