Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

VISITA AO CENTRO DE MAIORES DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

 

O pasado luns, día 18 de novembro, os integrantes do Club de Lectura visitamos por segunda vez o Centro de día O Burgo para charlar coas persoas maiores e coñecer como viviron os seus anos mozos na época da Posguerra.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e emotiva para nós e, polo que nos dixeron, tamén para eles.

En quince días, repetimos.

 

 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos. Iremos engadindo máis ao longo do curso

Charla Salvamento Marítimo 2019

 

 

    

 

Este luns 14 de setembro de 2019, veu ao noso instituto Guillermo, profesional recén xubilado de Salvamento Marítimo. Veu contarnos a súa experiencia laboral, o seu testemuño persoal salvando vidas, incidindo nos seus moitos anos de traballo axudando a pateras polo Mediterráneo. Acompañou a súa reportaxe con fotografías feitas por el mesmo. Axudounos a coñecer mellor a labor de Salvamento Marítimo, a achegarnos ao grave problema da inmigración ilegal africana,.. rematando nun animado coloquio sobre moitos temas de actualidade: desde o poder dos medios de comunicación, á controvertida labor de distintas ONG,  a política inmigratoria europea, ...

Este encontro forma parte dun proxecto de educación na solidariedade que centrará o labor do equipo da biblioteca neste curso escolar

 

Premer na imaxe para acceder a máis fotos.

AQUAPARK 2019

 

 

ESTE LUNS 17 DE XUÑO DE 2019, OS NOSOS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO, MÁIS OS GAÑADORES DO CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA, ESTIVERON PASANDO O DÍA NO AQUAPARK DE CERCEDA, ACOMPAÑADOS POR PROFESORES DO CENTRO.

 

XA TEMOS NUN ALBUM DE GOOGLE FOTOS AS IMAXES DA SAÍDA. PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER.

CLUB DE LECTURA 2018-2019

REMATAMOS O CURSO COA NOSA RUTA LITERARIA POLAS FRAGAS DO EUME. 

VOLTAREMOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.

 

BO VERÁN E A DESFRUTAR.

 

 

Para acceder á nosa conta de Instagram, premer na imaxe.

   
      

CONCERTO FIN DE CURSO 2019

 

  

O vindeiro 19 de xuño de 2019 ás 12:15 h. celebrarase no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Culleredo, como xa é tradicional, o Concerto de Fin de Curso organizado polo Departamento de Música, protagonizado por alumnos do centro dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

Celebrarase no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Culleredo ás 12:15 h.

Premendo nos seguintes links  poderase acceder, a medida que estean dispoñibles:

ao CARTEL

ao PROGRAMA,

e ao álbum de FOTOS

     



CAMPAÑA LIMPEZA 2019

Comezamos a campaña de limpeza 2019. Iremos colgando imaxes no album ao que se pode acceder dende o menú CAMPAÑA LIMPEZA dentro do bloque ALUMNADO.

O PAPA SAÚDA AOS NOSOS ALUMNOS

O papa Francisco saudou aos nosos alumnos que estaban de viaxe de estudos en Roma, no Ángelus do día 7 de abril de 2019.

Podes escoitalo no minuto 12:32 do vídeo ao que podes acceder dende aquí.

VIAXES DE ESTUDOS 2019- LONDRES - ROMA

 

XA TEMOS AOS NOSOS ALUMNOS EN LONDRES E ROMA. CREAMOS ALBUMS EN GOOGLE FOTOS PARA IR COMPARTINDO AS IMAXES QUE NOS VAN CHEGANDO.

PREMER NAS IMAXES PARA ACCEDER.

 

Concierto conmemorativo do Día Mundial da Auga 2019

 

 

O pasado sábado 23 de marzo de 2019,  o Grupo Vocal e Instrumental Diazeuxis formado por alumnos do noso centro, e dirixido polo seu profesor Julián Jesús Pérez, celebrou un concerto na Igrexa parroquial de Santiago, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Auga, ca presentación y comentarios do párroco D. Andrés García Vilariño.

 

Parabéns aos nosos artistas!!

 

Pulsando na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos. 

No seguinte LINK accedese á reseña do Diario Lírico

AQUÍ se pode ver o programa

 

Distribuir contenido