Evitar navegación.
Principal

Alumn@s protagonistas

ÁNGEL TEMÓ CAMIÑO Á RESIDENCIA JOAQUÍN BLUME - MADRID

Ao noso alumno ÁNGEL TEMÓ DEPORTISTA do “Club Esgrima Coruña” acaban de concederlle unha BECA para o RESIDENCIA JOAQUÍN BLUME DE ALTO RENDEMENTO en Madrid . Cursará alí 4 de ESO e bacharelato. 

Noraboa e moita sorte nesta nova etapa!!

 

Premio ao ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL

No pasado mes de decembro fíxose entrega no Instituto do premio ao ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL, concedido pola Xunta de Galicia, ao noso alumno LUCAS RODRÍGUEZ PÉREZ.

Este premio é un recoñecemento a súa traxectoria académica e a súa evolución persoal ó longo dos anos.

NORABOA LUCAS!!!

Premio Mil Primaveras ao noso Plan de desconfinamento da lingua galega

   

“Que hai máis innovador que adaptarse ás circunstancias da pandemia?”. Con esa frase comeza o argumentario do xurado que nos concedeu o Premio Mil Primaveras da CTNL ao proxecto máis innovador de fomento do galego. Foi polo noso Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega posto en marcha o curso pasado durante os meses que tivemos que estar pechados nas casas.

Para falar deste proxecto, o ideador do mesmo, Nel Vidal, xunto con tres alumnas de 1º de Bacharelato, Adriana, Noelia e María, foron entrevistados na Radio Galega, entrevista que se pode escoitar aquí: O plan de desescalada aplicado á lingua: premiadas por desconfinar o galego

Tamén La Opinión de A Coruña publicou a seguinte noticia: “Un proxecto do instituto Blanco Amor gaña un premio de normalización lingüística

 

Estamos realmente orgullosos de todos os participantes e colaboradores, tanto profesorado como alumnado, departamento de Lingua e Literatura Galega, equipo de Dinamización, e especialmente do seu creador, Nel Vidal.

Parabéns!!!

Mensaxe Nadal

 

Estimadas familias: rematamos o primeiro trimestre mantendo un ensino presencial no que case ninguén cría cando comezamos o curso. Actualmente non temos ningún alumno enfermo de coronavirus nin en corentena. Gran parte destes bos resultados son debidos ao seu apoio e sentido da responsabilidade, cumprindo os protocolos e colaborando connosco no cumprimento dos seus fillos/as.

Queremos darlles as GRAZAS.

Que pasen un tranquilo e seguro Nadal

O“TeamEBA” premiado no CanSAT

 

O“TeamEBA” do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo recibiu o segundo premio na categoría de difusión da fase galega do Certame de Proxectos Espaciais CanSat.

Noraboa!!

 

Máis información aquí

Distribuir contenido