Skip to Content

blog de angelaccion

Entrevista en Radio Culleredo y PhotoCall de los participantes

Continuando con las secuelas de nuestra participación en el concurso de creación de Apps para Android con AppInventor fuimos invitados a Radio Culleredo el pasado 28 de junio, a continuación os dejamos la entrevista emitida ese mismo día.

Un día antes, con la entrega de notas, hicimos estas fotos de casi todos los participantes con los recortes de prensa de fondo, clica en la imagen para verlas todas.

 

O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

José Luis Ares, Manuel Eduardo Seijas, Angel Acción e Valentín García. Imaxe de Código Cero, recuperada o 19 de xuño de 2017.

Hoxe, 19 de xuño de 2017, vimos de recoller o 2º premio do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor" organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións.

O IES de Culleredo obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. 

Extracto da publicación  "A App Bicicoruña do IES Ramón Menéndez Pidal faise coa 3ª edición do premio Inventa en Galego" na Web da Consellería de Educación. Tamén nas notas de prensa da web da Xunta fálase do certame e inclúe máis fotos, unha delas recolle o noso premio.

Finalistas e Gañadores dos concursos Inventa en Galego e Sensores para todos 2017, na web de IGACIENCIA.

'Inventa en galego': aplicacións móbiles e lingua van da man na escola, no diario Praza Pública. Inclúe o vídeo explicativo de GoceCulleredo.

Entréganse os premios Inventa en Galego, no diario dixital Código Cero. A imaxe de cabeceira procede deste artigo.

A app ‘Bicicoruña’ do IES Ramón Menéndez Pidal faise coa terceira edición do premio Inventa en Galego, no Portal da Lingua Galega.

La APP "Bicicoruña" de un instituto coruñés gana el premio Inventa en Galego, no diario online Noticias Galicia.

El IES Ortigueira y el IES «Concepción Arenal» de Ferrol premiados con el «Sensores para todos», en Galicia Ártabra Digital.

A aplicación BiciCoruña leva o premio Inventa en Galego, no diario El Correo Gallego.

Alumnos del Ramón Menéndez Pidal de A Coruña, premio Inventa en Galego, no diario La Opinión. Neste enlace temos a foto dos nosos gañadores. La prensa en papel hai un artigo extenso.

 

Estas son as 7 Apps realizadas por 6 equipos da materia de TIC 1:

CulleSport
 
Laura Amor, Eder Vázquez e Alicia Ríos.
 
 
Cómete Culleredo
 
 
 
A continuación quédavos o artigo no Facebook do alumnado do IESEBA:
 

Programación 2º ESO Curso 2016/17 (non rematado)

Unha vez rematada a 2ª Avaliación deste curso xa podemos compartir as producións desenvolvidas neste curso e que poden servir de orientación ao alumnado de 1º ESO á hora de escoller a optativa do curso 2017/18.

Logo dun comezo de curso algo experimental na busca da metodoloxía axeitada, motivadora e produtiva, chegamos a un deseño do curso baseado na resolución de RETOS traballando en equipos de 2 na Aula de Informática empregando software online que require rexistro mediante conta de correo (é obrigatorio para seguir a materia a dispoñibilidade dunha conta GMAIL). Os retos, os materiais de apoio, as entregas coas súas cualificacións e comentarios, alóxanse nun Aula Virtual accesible en todo momento e lugar para o alumnado (a AV do vindeiro curso xa terá unha zona pública de difusión xeral do programa e producións).

O traballo en equipo e o emprego da plataforma online SCRATCH facilita o traballo colaborativo e o respecto da Propiedade Intelectual introducindo as Licencias Creative Commons.

A compoñente motivadora é a produción de xogos e historias. Pasamos do consumo á creación de recursos, onde o alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe, investigando, creando, programando, probando e resolvendo, sempre chegando a acordos e cunha compoñente gamificadora a través da resolución de RETOS e a obtención de puntos por obxectivos acadados.

O primeiro reto foi a creación da personaxe protagonista das producións de cada equipo. Traballaron a creatividade gráfica en modo vectorial e programárona para que, ao desprazarse pola pantalla, simulara un movemento natural.

O segundo reto foi a creación de laberintos onde o xogador debe axudar ao protagonista (persoaxe creada) a conseguir o obxectivo que cada un dos equipos deseñou.

Enlace ao Estudo recopilatorio dos Laberintos en Scratch.

 O terceiro reto "Descubrindo Culleredo", aínda non rematado, ten unha estrutura de historia interactiva para divulgar algún aspecto (historia, monumentos, etc.) do noso concello.

Enlace ao Estudo recopilatorio dos Scratch "Coñecendo Culleredo".

O RETO final posiblemente sexa un XOGO de pantallas, niveis, marcadores, vidas, ... Xa veremos.

Coñece Culleredo buscando as chaves de Arturito, un trarballo de Daniela Calvo e Adriana María Rodríguez. Ver en Scratch.

O seguinte traballo de Mario Pereira e Patricia Segade amósanos Culleredo dun xeito ameno e con boas fotografías. Ver en Scratch.

Continuará.

25N_2015 #CulleredoPoloBoTrato. Entrega de premios.

Un ano máis reunímonos na Biblioteca do noso centro para compartir experiencias e aportacións na loita de todos contra a violencia de xénero. Nesta ocasión tamén se recoñece o traballo, sensibilidade, esforzo e divulgación que o noso alumnado amosou cas súas curtas e cuñas que podedes desfrutar neste artigo publicado fai uns días.

A realidade imponse e o certo é que esta problemática, ó igual que outras, trátase a maioría das veces na data sinalada para a súa conmemoración, celebración ou recordo. E non está mal, pero o problema non se arranxa lembrando ós que non están senón educando ós que veñen detrás para que non cometan os mesmos erros. Actuacións municipáis coma este III Concurso escolar de vídeos e cuñas "Polo Bo Trato" contra a violencia de xenero, atopando a implicación da comunidade educativa, son a mellor semente para unha sociedade participativa, implicada e respectuosa consigo mesma.

A Educación vai máis aló do manexo de ferramentas como a palabra, do coñecemento de feitos e contidos, debe chegar ó que se fai con eles. Debe importarnos máis a intencionalidade que hai tras unha mensaxe que a mensaxe en sí mesma, porque as palabras, os coitelos, as armas, as RRSS non son o problema, o problema está en quen as manexa e faino segundo a súa madurez persoal, a súa educación, as súas experiencias, a afectividade recibida. Por unha educación emocional e das persoas non demonicemos ó mensaxeiro nin ás ferramentas, eduquemos no uso responsable, no respecto mútuo e na implicación colectiva nunha vida en sociedade.

Un pouco a cabalo do dito e para rematar esta presentacion do acto de entrega de premios vou recomendarvos o visionado deste vídeo realizado por TRAFEGANDO RONSEIS para a conmemoración do 25N do 2014:


Non vos entreteño máis, aí vai o meu resume do acto de recoñecemento a un colectivo de persoas coas que me sinto orgulloso de traballar e, xa de paso, trasladarvos as máis calurosas felicitacións de parte da organización.

 

Nin pecho os ollos, nin quero ser espectador. Implicándome

Un ano máis chega o día de amosar o traballo e a implicación do alumnado de Culleredo no tratamento dun tema tristemente de actualidade, se cadra este ano máis triste polas novas relacionadas con esta lacra social dos últimos días.

Pouco podemos facer nós pola xeración dos pais dos nosos alumnos porque, aínda que as políticas de axuda e as leis son necesarias, só coa educación corrixiremos a inercia dun comportamento xeralmente machista e, cando menos, de dominación dunhas persoas sobre outras, normalmente por carencias afectivas e de autoestima.

É nesta etapa adolescente onde as persoas constrúen a súa personalidade e seméntanse os comportamentos que poden derivar nas imaxes que asociamos cando escoitamos falar deste tema.
A Educación, sobre todo a emocional, será a mellor das estratexias na loita contra a violencia de xénero.

E é aquí onde o Concello de Culleredo, entre outras actuacións, quere sementar a tolerancia, o respecto e a concienciación na nosa xuventude fomentando a implicación e creatividade con este III Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo Bo Trato" contra a Violencia de Xénero.



E con estas premisas prantexamos o noso proxecto educativo titulado "Nin pecho os ollos nin quero ser espectador. Implicándome" e así o presentamos:

Á hora de comezar un novo proxecto é necesario sentilo como propio, concienciarse, e logo atopar a inspiración para desenvolver o noso proxecto divulgativo, a nosa aportación ou, simplemente, o noso traballo.


Para o primeiro punto convén atopar aqueles recursos coa forza necesaria para facernos reaccionar e para o segundo ollar cómo o fixeron outros antes ca nós, pero conservando a creatividade persoal para non facer máis do mesmo, inspirar e non copiar.
 
 
 
Publicado el 13 feb. 2013
"The Order of Things" (2010)
A short film by the Alenda Brothers - Un cortometraje de los Hermanos Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez y Biel Durán. 
Nominado al Premio Goya 2011 - Mejor Cortometraje de Ficción.
 
 
 
Se cadra o formato vídeo-cómic che resulte máis atrainte:
 
 
 
 
Moitas veces ocorre que unha aportación vosa é fonte inspiradora para outros, o caso que máis coñezo é o desta "carta a un maltratador" que derivou, entre outros, neste vídeo do Centro Guadalinfo de Freila, ou mesmo esta "carta a mi maltratador" dunha xove de 20 anos.
 
 
 
A modo de inspiración convén ver o que fixeron outros compañeiros, neste caso noutros centros:
 
 
 
 
E tamén o que se fai no Blanco Amor, nesta ocasión na edición 2014, 18 vídeos:
 
 
 
e ti?  Implícaste?
 
Pois parece que sí. Vexamos a participación no 2015:







Este ano tamén melloramos a nosa colaboración coa difusión vía Twitter das nosas mensaxes acompañándoas dunha imaxe. Clica na captura inferior para acceder ó taboleiro colaborativo en Pinterest.

Ligazón ó taboleiro en Pinterest. Precísase estar rexistrado. Abre en xanela nova.



A Rede Social de Angel

Nesta entrada vou deixar indicados algunhas ferramentas do meu PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe) que basicamente consiste na procura de coñecemento e difusión do mesmo. Pouco a pouco ireino completando.

 

Blog en Wordpress: http://accionangel.wordpress.com/category/inicio/

Blog en Blogger: http://accionangel.blogspot.com.es/

O meu Twitter, @angelaccion: https://twitter.com/angelaccion

Etiquetas temáticas empregadas en Twitter: #inforeba, #eba_ipee, #eba_tecno, #biblioeba.

Google + en http://gplus.to/accionangel

Un escritorio virtual aínda en construción: http://www.netvibes.com/accionangel#Culleredo

Os meus marcadores en SYMBALOO: http://www.symbaloo.com/mix/accionangelple

 

O Scoop de Tecnoloxía, Informática e IPEE (TECNOLOGÍA_aal66): http://www.scoop.it/t/ipee

O Scoop sobre Redes Sociais (Redes Sociales_aal66): http://www.scoop.it/t/redes-sociais-ala66

e un Scoop sobre Educación en xeral (TIC-TAC_aal66): http://www.scoop.it/t/inforeba

Acceso ao Aula Virtual de informática de 4º da ESO para o 2013-14. Aula Aberta.

Acceso ao Aula Virtual de IPEE de 3º da ESO para o  2013-14. Aula Aberta.

Acceso ao Aula Virtual TIC_EBA_02. Aula Aberta. Para o profesorado. En construción.

Información xeral dos cursos impartidos

 Curso 2013-14

Iniciación Profesional á Electricidade e á Electrónica (I.P.E.E.)

Grupo mixto formado por alumnado de 3ºB e 3ºFDiv

Grupo mixto formado por alumnado de 3ºC e 3ºE

Materia de marcado carácter práctico e traballo en equipo (por parellas), o único traballo individual é o exame trimestral no que a avaliación continua permite seguir o progreso de cada alumno. 

A materia divídese en 3 grandes bloques temáticos:

Electricidade básica.

Desde as ferramentas e as normas de seguridade ata as leis fundamentais da electricidade e traballo con magnitudes na resolución de problemas prácticos.

Electricidade na vivenda

Montaxe dos circuítos típicos presentes nunha vivenda, interpretación e realización de esquemas eléctricos, factura eléctrica e consumo.

Electrónica básica

Compoñentes electrónicos básicos, emprego do simulador para a montaxe e interpretación de circuítos sinxelos que responden a situacións reais.

A programación didáctica completa e todos os contidos a desenvolver na materia atópanse na Aula Virtual aberta do curso.



Informática

Angel Acción:

  • Grupo completo, informática troncal, itinerario 3: 4º B
  • Grupo mixto formado por alumnado de 4ºC e 4ºD, informática optativa, itinerarios 1 e 2.

Gumersindo Fernández:

  • Grupo mixto formado por alumnado de 4ºA e 4ºDDiv, informática optativa, itinerario 1 e grupo de diversificación

Materia de carácter práctico e traballo en equipo (por parellas) a través dun Aula Virtual onde teñen aloxadas as prácticas, os recursos educativos, os foros de dúbidas, os prazos de entrega e as cualificacións de cada un dos traballos co comentario correspondente do profesor. A toda esta información accédese desde calquera lugar con conexión a internet co que os alumnos poderán compartir esta información cos seus pais (un alumno non pode ver as calificacións dos seus compañeiros). A programación didáctica está publicada na súa totalidade na A.V. aberta do curso.

1º Trimestre: Aula Virtual: autenticación, temas, tarefas, cualificacións, foros. Correo electrónico Gmail. Documentos de texto e Presentacións colaborativas con Google Drive. Redes Sociais: Círculos e Comunidades de Google. Creación de contidos audiovisuales con aplicacións online. Creación e mantemento dun Blog persoal en Blogger. Búsqueda de información en internet.

2º Trimestre: Google Maps. Participación activa nas Redes Sociais dos grupos sobre temas de carácter social. Edición de imaxe con aplicacións online. Folla de Cálculo, Retoque fotográfico con Gimp. Obxectos en 3D. Realidade Aumentada. Programación. Apps de Android. Publicación de todas as actividades realizadas no Blog persoal.

3º Trimestre: WebQuest sobre códigos QR (tratando a seguridade e identidade dixital nas Redes Sociais). Creación de imaxes interactivas. Edición de son. Edición de vídeo. Supervisión e maquetado final do Blog persoal: tema, entradas, widgets, etiquetas, páginas, banner, etc.

Avaliación Estraordinaria de Setembro. INFORMÁTICA

Indicacións para a proba estraordinaria de Setembro de 2013 da materia de Informática de 4º da ESO dado que ten unha limitación horaria (unha hora e media).

Os criterios de avaliación nos que se centrará a mesma:

  • Manexo do correo electrónico con adxuntos comprimidos.
  • Compresión e descompresión de carpetas.
  • Búsqueda de información en internet (mapa de Google Maps)
  • Elaboración dunha presentación en Google Drive co material facilitado no correo electrónico e coa información atopada en internet.
  • Publicación da presentación no seu blog persoal cunha breve exposición da opinión persoal sobre o tema tratado na presentación e promocionado da entrada ao círculo inforeba_1213.
  • Envío do enlace á entrada do blog onde se inseriu a presentación á Aula Virtual na tarefa creada ao efecto e a través do grupo de traballo empregado durante todo o curso académico.
  • Envío por correo electrónico a inforeba@gmail.com do enlace acortado á presentación aloxada en Google Drive (compartido público) e cun adxunto consistente nunha carpeta comprimida que conteña tanto a documentación suministrada inicialmente como a imaxe (jpg) do mapa atopado en internet.

A proba terá lugar na aula de Informática 1 sita no terceiro andar. Lémbrase a obritatoriedade de ser puntual dado que pasados 15 minutos do comezo da proba non se poderá acceder á mesma.

Dublox: el juego isométrico de lógica en escenarios laberínticos

Utiliza las flechas de tu teclado para alcanzar el objetivo.
(vía Juegos Microsiervos)

¿Lo quieres en tu blog?
En este enlace + Share + Embed Code.
Distribuir contenido

Calendario

« Enero 2018 »
LunMarMiéJueVieSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031


by Dr. Radut