Evitar navegación.
Principal

O IESEBA participará no CanSat da Axencia Espacial Europea

O proxecto CanSat (satélite lata), promovido pola Axencia Espacial Europea (ESA), é un proxecto espacial a pequena escala. Consistente na simulación dun satélite real integrado no volume e a forma dunha lata de refrescos onde o alumnado deberá ser capaz de introducir os principais subsistemas dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e un sistema de comunicacións en directo coa base en terra.

 

Logo de realizado o CanSat e exposto ante os xuíces as súas características e misións, procédese ao seu lanzamento a unha altitude aproximada de un kilómetro, normalmente cun cohete, e entón comeza a súa misión: recoller datos ou executar un experimento científico, transmitilos á estación base, lograr unha aterraxe sen danos e a posterior análise, e exposición, dos datos recopilados durante o descenso.

 

O EBACANSAT, formado por 7 alumnos e alumnas de TIC II, coordinados por Angel Acción e coa colaboración de Gumersindo Fernández dende Tecnoloxía Industrial II, participará na Competición Autonómica Galega que terá lugar o vindeiro 21 de marzo no Aeródromo de Rozas en Castro de Rei (Lugo). "Se imos ou non á competición nacional e logo á europea, xa se verá. Ilusión non falta".

 

Vídeo Resume do CANSAT 2018