AVISOS FAMILIAS
Mensaxe Nadal
AVISO ÁS FAMILIAS - ENTREGA DE NOTAS
Este venres día 18 de decembro de 2020, a partir das 15:00 horas, entreganse as notas a través da aplicación abalarmóvil.
Todas as familias deberán ter activada esta aplicación.
En caso dalgunha imposibilidade puntual rogámoslles que escriban ao correo do centro, ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es á atención da Dirección/Xefa de estudos, comentando a incidencia e poñerémonos en contacto con vostedes.
INFORMACIÓN - Procedemento distribución de máscaras entre o alumnado
Dende AQUÍ poden acceder á circular informativa sobre criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
ACTUALIZACIÓN DATOS COVID
Neste momento Sanidade confírmanos un novo caso positivo. Considérase que o contaxio produciuse fóra do centro polo que non recibimos instrucións para adoptar medidas concretas. Para coñecer a situación actualizada dos centros educativos galegos en canto á incidencia do COVID19, poden consultar a seguinte ligazón
DESMENTIDO COVID
A través dalgúns correos soubemos que se está difundindo entre as familias unha información que é absolutamente falsa, relativa ao número de afectados por COVID neste centro.
A realidade é que, a día de hoxe, Sanidade unicamente nos confirmou un caso positivo.
Posteriormente soubemos doutro caso a través da familia do enfermo/a, pero que aínda non foi confirmado por Sanidade.
En ambas as situacións non había ningún risco para ningún membro da nosa comunidade educativa. Por iso Sanidade non puxo en corentena a ningunha persoa, nin nos pediu informes sobre seguimento do protocolo.
Pedímoslles que non dean crédito a informacións non contrastadas e irresponsables, e que permanezan tranquilos ata que nós contactemos cos afectados seguindo as instrucións de Sanidade se aparecese algún novo positivo ou houbese que poñer en corentena a algunhas persoas.
Para coñecer como están afectados os centros de ensino de Galicia polo coronavirus poden consultar o seguínte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
De todos os xeitos, se teñen algunha dúbida poden dirixirse ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, ou ao do equipo Covid equipo.covid@iesblancoamor.com, onde lles será debidamente aclarada.
Teñan en conta tamén, que diariamente recibimos moitas consultas e non todas poden responderse coa inmediatez que nos gustaría.
Un cordial saúdo
Carmen Rodríguez- Trelles Astruga
Directora
Coordinadora do Equipo Covid
HORARIOS GRUPOS
Xa se poden consultar os horarios por grupos no bloque "Alumnado", na columna da esquerda, menú "Horario de grupos" e pinchando no grupo correspondente.
Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ
HORARIO CURSO 2020-2021
A partir do 28 de setembro as clases impartiranse no seu horario habitual, de 08:30 a 14:10 pola mañá, e os luns pola tarde de 16:20 a 18:00.
Funcionará o transporte escolar e o comedor subvencionado pola Xunta.
NOVOS AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21
1. Solicitude cambio de grupo :
As solicitudes de cambios de grupo, tal e como temos establecido ao longo de estes pasados cursos, debe facerse entre os días 5 e 9 de outubro.
A solicitude debe facerse mediante correo electrónico argumentando os motivos, co fin de dar tempo aos seus fillos a adaptarse á nova situación.
2. Indicacións xerais para empezar o curso:
•O alumnado debe acudir ao centro cunha máscara correctamente colocada e unha de reposto. Tamén deben traer unha caixa de panos desbotables e xel hidroalcohólico para o seu uso persoal.
•O alumnado debe vir a clase provisto de todo o seu material escolar, rotulado cos seus datos, xa que non se pode compartir material con ningún compañeiro.
•Deberá traer a declaración responsable de autoavaliación diaria, asinada pola familia, o primeiro día de clase co titor despois da presentación.
•Deberá traer o carné escolar (ou unha foto cos seus datos: nome, apelidos, curso e grupo) para entregar ao titor e así actualizar dito carné para o presente curso 2020-2021
•Non poden quedarse a comer no centro os luns ao mediodía a non ser que sexan usuarios do comedor escolar.
•De momento non funciona a cafetería do centro polo que deben traer auga e/ou merenda se o consideran oportuno.
NON SE PODE ACUDIR AO CENTRO CON SINTOMAS COVID: máis de 37.5 de febre, tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de gusto e/ou olfacto, diarrea
