Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

AVISO SONDAXE OFERTA EDUCATIVA 2020-2021

Ábrese o prazo para cubrir a sondaxe da oferta educativa para o próximo curso 2020-2021.

O prazo límite para enviar o documento por correo electrónico ao centro é o próximo luns, 11 de maio. 

Toda a información no bloque OFERTA EDUCATIVA, situado no lateral dereito da páxina, premendo no recadro en vermello que pon "SONDAXE OFERTA EDUCATIVA CURSO 2020-2021" 

Tamén de pode acceder dende AQUÍ

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CENTRO

Xa temos a lista de alumnado que desexa recuperar o material escolar que deixaron no centro cando se decretou o estado de alarma.

Segundo parece a Consellería vai arbitrar un sistema semellante para todos os centros co fin de que poidan recuperar ese material. 

En canto cheguen instrucións volveremos contactar cos interesados para informarlles do procedemento.

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO CENTRO

Xa se enviou un aviso a través de Abalar a todos os responsables de alumnos para que aqueles que teñen material escolar no centro que queiran recuperar, deben poñerse en contacto co titor/a que corresponda, indicando o número de taquilla ou en que outro lugar se atopa.

Lembrámoslles que teñen de prazo ata este mércores 22 de abril para facelo.

Nos próximos días tentaremos que o recuperen, xa se lles avisará de como e cando se fará.

RECORDATORIO IMPORTANTE USUARIOS G-SUITE e ABALAR MÓBIL

ALUMNADO CON CONTAS G-SUITE:

Se teñen algún problema, deberán cubrir este FORMULARIO e poñerémonos en contacto para solucionalo.

APLICACIÓN ABALAR MOBIL:

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as seguintes INSTRUCIÓNS.

Se teñen calquer incidencia, ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte CUESTIONARIO.

CIRCULAR INFORMATIVA - CANCELACIÓN VIAXES 2020

Achegamos circular informativa sobre a cancelación das viaxes de estudo 2020. Poden acceder á mesma dende aquí.

CIRCULAR INFORMATIVA - FINAL DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Achegamos circular informativa sobre a 2ª avaliación e a entrega de notas do vindeiro 3 de abril. Poden acceder á mesma dende aquí.

Axudas para as familias con fillos usuarios do servizo de comedor subvencionado pola Xunta de Galicia

Axudas para as familias con fillos usuarios do servizo de comedor subvencionado pola Xunta de Galicia

Orde de 27 de marzo de 2020 (DOG 30 de marzo).

Para as persoas usuarias do servizo de comedor subvencionado que non van poder facer uso de dito servizo durante o tempo de suspensión das clases presenciais, a Xunta preveu unha compensación económica de 2,50 euros por cada luns que non se preste o servizo aos alumnos con gratuidade total e de 1,50 euros para os que pagan 1 euro. Os restantes alumnos usuarios do servizo de comedor non percibirán estas axudas.

Nun primeiro pago se aboan os luns sen prestación de servizo ata o 11 de abril, e un segundo pago os restantes luns que se puideran producir sen servizo a partir desa data, se fora o caso.

Solicitudes: lugar e prazo de presentación

A solicitude As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha familia acredita dificultade para estre trámite debe comunicalo á directora do instituto a través do correo electrónico do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.gal para que o centro colabore na formalización da solicitude. Así familias que teñan problemas para formalizar a solicitudes por medios electrónicos despois de contactar co centro por no correo electrónico sinalado, citaráselles para colaborar na formalización da solicitude. A estas persoas pediráselles tamén por correo electrónico os seguintes datos:

DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería)

Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda

O prazo remata o 6 de abril, incluído.

A partir desa data e nun prazo aproximado de 15 días, procederase ao abono das axudas.

SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instrucións da Consellería, as cualificacións da 2ª avaliación serán publicadas o día 3 de abril na aplicación abalarMóbil. É necesario, polo tanto, descargar dita aplicación no móbil para consultar os boletíns.

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as instrucións pinchando aquí.

Se teñen calquer incidencia ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte cuestionario para solucionar o seu problema; de non ser así, non recibirían as cualificacións.

A avaliación vai ter en conta os contidos traballados en clase ata o 13 de marzo, día en que se suspenderon as clases presenciais.

A partir de esa data, os contidos novos traballados forman parte da 3ª avaliación.

Nos próximos días iremos ampliando a información

AVISO AFECTADOS CORONAVIRUS

Notifican desde inspección que en caso de saber dalgún membro da comunidade educativa afectado por coronavirus, cómpre poñelo en coñecemento de Consellería. 

Se alguén sabe de algún caso, por favor escribir so correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.gal

Grazas

ACTUALIZACIÓN do 17-03-20 da INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS RESPECTO ÁS ACTUACIÓNS DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Estimadas familias

Informamos das últimas instrucións da Consellería:

•O centro permanecerá pechado mentres dure esta situación extraordinaria.

•Quedan suspendidos todos os prazos administrativos e de tramitación.

•O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia a normativa legal que regula a súa suspensión.

•As actividades educativas manteranse de forma telemática.

•Poden consultar estas actividades e contactos co profesorado pinchando AQUÍ

Teñan en conta que é posible que se saturen as liñas para acceder aos distintos enlaces ás webs, correos profesorado ou centro. Paciencia para afrontar tantos cambios en tan pouco tempo.

Recomendamos que os seus fillos/as manteñan un horario de traballo na casa para que a reincorporación ás clases sexa máis doada.

Ao alumnado de 2º de bacharelato queremos transmitirlle unha mensaxe de ánimo. Trataremos de facilitarlles o traballo para que superen esta situación. Van necesitar un esforzo extra, pero non o van facer sós. Imos tratar de saír fortalecidos desta situación tan adversa.

Consulten esta web con regularidade para estar informados.

Por último, lembren que en caso de sospeitar que poidan estar contaxiados, deben permanecer na casa e chamar ao 900 400 116.

Distribuir contenido