Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

MAIS INFORMACIÓN SOBRE AS VIAXES DE ESTUDO CANCELADAS

En aras da maior transparencia, acordamos coa axencia Viajes Embajador que ao longo desta semana lles enviará por correo electrónico, á dirección que facilitaron no formulario, a relación detallada dos gastos non recuperables de cada unha das viaxes.

AVISO URXENTE - REUNIÓN COAS FAMILIAS AFECTADAS POLA CANCELACIÓN DAS VIAXES A ROMA E PARÍS

O vindeiro xoves 18 de xuño celebraranse reunións coas familias afectadas pola cancelación das viaxes a Roma e París nas que estará presente o director da axencia de viaxes e a directora do instituto, para tratar asuntos do seu interese, no seguinte horario:

19:30 cas familias afectadas pola cancelación da viaxe a ROMA

20:30 cas familias afectadas pola cancelación da viaxe a PARÍS

NOVA CIRCULAR INFORMATIVA - REEMBOLSO VIAXES

Achegamos nova circular informativa sobre devolución dos pagos das viaxes de estudo. 

Poden acceder á mesma dende aquí.

Lembren que para solicitar a devolución deben cubrir o seguinte FORMULARIO

Circular informativa FIN de CURSO 2020

Para acceder á circular con información sobre o calendario de fin de curso, devolución dos libros do fondo solidario e biblioteca, criterios de promoción e titulación, matrícula curso 2020/2021 e outra información, premer AQUÍ

Recollida de libros e material escolar deixado no instituto tras a declaración do Estado de Alarma.

A semana do 8 ao 12 de xuño (ámbolos dous incluídos) os proxenitores poderán recoller os libros e o material escolar que os seus fillos teñen aínda no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Para evitar aglomeracións, o proceso regúlase da seguinte maneira:

  • O luns 8 de xuño recollerán os de 1º ESO
  • O martes 9 os de 2º ESO
  • O mércores 10 os de 3º ESO
  • O xoves 11 os de 4º ESO
  • O venres 12 os de 1º BACHARELATO

Hai que ter en conta:

  1. Que só pode vir un dos proxenitores a facer a recollida. Poderá facelo acompañado do seu fillo/a para a identificación do material, se é necesario.
  2. Os proxenitores que teñan máis dun fillo/a no centro poderán recoller o material dunha vez .
  3. O horario de recollida é de 10:00 a 13:00 horas.
  4. O proxenitor deberá cubrir un impreso que lle entregarán en conserxería onde quedará constancia da recollida.

 

Seccións Bilingües 2020-21

Xa está aberto, ata o 8 de xuño, o prazo para solicitar incorporarse a unha sección bilingüe o curso próximo.

Toda a información no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2020-21

CIRCULAR INFORMATIVA - REEMBOLSO VIAXES ROMA E PARÍS 2020

Achegamos circular informativa sobre devolución dos pagos das viaxes de estudo a Roma e París 2020.

Poden acceder á mesma dende aquí.

Lembren que para solicitar a devolución deben cubrir o seguinte FORMULARIO

CIRCULAR INFORMATIVA - CANCELACIÓN-DEVOLUCIÓN VIAXES 2020

Achegamos circular informativa sobre a cancelación e devolución dos pagos das viaxes de estudo 2020.

Poden acceder á mesma dende aquí.

Para solicitar a devolución do importe das viaxes detallado na circular, deben cubrir o seguinte FORMULARIO

IMPORTANTE: NORMAS RELATIVAS A ACTUACIÓN DENTRO DO RECINTO DO INSTITUTO

IMPORTANTE:

NORMAS RELATIVAS A ACTUACIÓN DENTRO  DO RECINTO DO INSTITUTO

  • Debido á situación sanitaria actual e co fin de axilizar os trámites administrativos non se realizarán fotocopias ao público.
  • Tampouco se prestará ningún tipo de material (lapis, gomas, grampadoras, etc)
  • É imprescindible o uso de mascarillas en todo o recinto escolar
  • Dispoñerán de dispensadores de xel hidroalcólico que deberán usar antes de presentar calquera documentación tanto en conserxería como en secretaría.
  • Debe manterse a distancia de seguridade de 2 metros entre persoas.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño.

Información completa AQUÍ

Distribuir contenido