Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CENTRO

Este luns 18 de maio, a partir das once e media, os voluntarios de Culleredo volverán facer reparto de material escolar polas casas.

O material que non se entrega é porque non está convenientemente identificado, ben porque non consta o nome e apelidos do seu propietario, e/ou ademais non se atopa no sitio indicado, e/ou se atopa un material distinto ao indicado.

Devandito material permanecerá no lugar en que se deixou ata que as medidas do Estado de alarma permitan a recuperación directa por parte do seu propietario.

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CENTRO

Dado que aínda queda material escolar por entregar, durante a semana do 11 ao 15 de maio os voluntarios de Culleredo volverán facer o reparto polas casas. Rogámoslles, que se no anterior envío recibiron por erro algún material que non lles pertence, no lo comuniquen a través do correo do centro, para arbitrar a maneira de devolvelo aos seus propietarios.

Máis adiante lles comunicaremos a data da nova entrega.

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

 Reanúdase o proceso de admisión para o vindeiro curso que fora paralizado coa declaración do estado de alarma.

  • O prazo para solicitar a admisión irá desde o 11 ao 18 de maio ámbolos dous incluídos.
  • A documentación para acreditar os criterios do baremo presentarase antes do 26 de maio.
  • A publicación das listaxes provisionais de admitidos será antes do 9 de xuño e haberá 3 días para as reclamacións a partir do seguinte a publicación.
  • As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de xuño.

 Toda a información actualizada no bloque de ADMISIÓN CURSO 2020-21.

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10 A 13 HORAS.

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CENTRO

Entre o mércores 6 e o venres 9 de maio, voluntarios de Culleredo, entregarán nos domicilios o material escolar deixado polos alumnos no centro con motivo da declaración do Estado de alarma.

Aquel material que non se poida entregar por non estar convenientemente identificado o seu propietario, permanecerá no centro ata que lles podamos dar unha nova solución nunha fase máis avanzada da desescalada.

AVISO SONDAXE OFERTA EDUCATIVA 2020-2021

Ábrese o prazo para cubrir a sondaxe da oferta educativa para o próximo curso 2020-2021.

O prazo límite para enviar o documento por correo electrónico ao centro é o próximo luns, 11 de maio. 

Toda a información no bloque OFERTA EDUCATIVA, situado no lateral dereito da páxina, premendo no recadro en vermello que pon "SONDAXE OFERTA EDUCATIVA CURSO 2020-2021" 

Tamén de pode acceder dende AQUÍ

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CENTRO

Xa temos a lista de alumnado que desexa recuperar o material escolar que deixaron no centro cando se decretou o estado de alarma.

Segundo parece a Consellería vai arbitrar un sistema semellante para todos os centros co fin de que poidan recuperar ese material. 

En canto cheguen instrucións volveremos contactar cos interesados para informarlles do procedemento.

RECUPERACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO CENTRO

Xa se enviou un aviso a través de Abalar a todos os responsables de alumnos para que aqueles que teñen material escolar no centro que queiran recuperar, deben poñerse en contacto co titor/a que corresponda, indicando o número de taquilla ou en que outro lugar se atopa.

Lembrámoslles que teñen de prazo ata este mércores 22 de abril para facelo.

Nos próximos días tentaremos que o recuperen, xa se lles avisará de como e cando se fará.

RECORDATORIO IMPORTANTE USUARIOS G-SUITE e ABALAR MÓBIL

ALUMNADO CON CONTAS G-SUITE:

Se teñen algún problema, deberán cubrir este FORMULARIO e poñerémonos en contacto para solucionalo.

APLICACIÓN ABALAR MOBIL:

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as seguintes INSTRUCIÓNS.

Se teñen calquer incidencia, ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte CUESTIONARIO.

CIRCULAR INFORMATIVA - CANCELACIÓN VIAXES 2020

Achegamos circular informativa sobre a cancelación das viaxes de estudo 2020. Poden acceder á mesma dende aquí.

CIRCULAR INFORMATIVA - FINAL DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Achegamos circular informativa sobre a 2ª avaliación e a entrega de notas do vindeiro 3 de abril. Poden acceder á mesma dende aquí.

Distribuir contenido