Diagrama de temas

  • Neste apartado da aula virtual poderedes atopar recursos que vos axudarán nas decisións que teredes que tomar ao longo dos vosos estudos: sobre a ESO, o bacharelato, elección de materias, a ABAU, Universidade, Formación Profesional, bolsas de estudos, etc.

    Recordade que se tedes calquera dúbida podedes vir polo departamento de orientación do instituto ou escribir un correo electrónico ao seguinte enderezo:

    citaorientacion@iesblancoamor.com

    Benvid@s ao Departamento de Orientación!


  • 1
    2
    3
    4
    5
    6
    7
    8
    9
    10
  • Este tema

    Mónica Diz Orienta: Oferta de ciclos de Formación Profesional para o curso  2021/2022

    https://www.edu.xunta.gal/fp/

    PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN A CICLOS FP GRAO MEDIO E FPGRAO SUPERIOR: 

    DO 23 DE XUÑO ÁS 9:00 AO 5 DE XULLO ÁS 13:00 horas. FINALIZADO.

  • Logo de University of A Coruña (UDC): la historia y el significado del  logotipo, la marca y el símbolo. | png, vector

    O mércores 30 e o xoves 31 de marzo de 16:00 a 20:00 horas, a UDC celebrou unhas xornadas de portas abertas virtual na que houbo vídeoconferencias de todas as titulacións de grao en directo con chats a través de Teams. Tamén se amosou a vida universitaria: residencias, cultura, deporte, emprego, cooperación e voluntariado, centro de linguas, ORI, CUFIE, ADI, OMA, UDC saudable.... Se non asistiches, aquí tes toda a información. 

     Unha oportunidade para coñecer a UDC! 


  • Tes que ter todas as materias aprobadas para recibir o título de bacharelato? Cunha suspensa poderías titular? Ten en conta que este curso 21-22 cambiou a normativa, así que mira esta presentación e despexarás as túas dúbidas!
  • Con este programa, dirixido especialmente ao alumnado do IES EBA, poderás deseñar o teu propio futuro académico e profesional e atoparás toda a información que precisas sobre: cuestionarios para coñecerte a ti mesmo e os teus intereses, bolsas, universidade, formación profesional, saídas profesionais, ensinanzas artísticas e deportivas... e moitas cousas máis. Así que non o penses máis: entra e bota unha ollada.

    Programa de orientación 2021-2022 (Orientaline) » LABORIÉNTATE

  • Sabedes que todos aqueles que non tedes o título da ESO tamén podedes acceder a un ciclo de grao medio superando unha proba? Tamén os que non tedes o título de bacharelato podedes acceder a un grao superior superando unha proba. Botádelle un ollo a seguinte información:

    IMPORTANTE:

    Grao superior:

    • Datas de inscrición ás probas: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro. FINALIZADO
    • Data do exame: 28 de abril

    Grao medio:

    • Datas de inscrición á proba: do 3 ao 16 de marzo. FINALIZADO
    • Data do exame: 25 de maio

  • Mónica Diz Orienta: Grados universitarios abiertos, una opción para  estudiantes indecisos

  • As ensinanzas de réxime especial comprenden as ensinanzas deportivas, as artísticas e as de idiomas. Nos apartados que están a continuación atoparás información de cada unha delas.