Tema Nombre Descripción
Carpeta ORIENTACIÓN ACADÉMICA 2023/2024

Boas!

Adxuntámosvos as presentacións que estivemos a empregar estes días para falarvos das opcións académicas do vindeiro curso. Recordade que as presentacións están cheas de links do voso interese!

URL Oriéntate no IES EBA
URL PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS DEPORTIVAS CURSO 24-25
URL PROBAS DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO E BAC

Boas a todos e todas!

Informámosvos de que quedan convocadas as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Podedes consultar toda a info relativa ás mesmas na RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023

As convocatorias da proba de ESO son en: 

- 19 de Maio (o prazo de inscripción para esta convocatoria son do 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos)

- 1 de Setembro ( prazo de inscripción do 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos).

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

 1. Ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.

Igualmente, tamén quedou convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Pódese consultar toda a información en relación a esta proba na seguinte RESOLUCIÓN.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023. 

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos. 

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23. 

período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023. E a proba realizarase o 28 de abril de 2023.

Recorda! Esta proba só está dispoñible para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. 

Máis información nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238



Página Coñece a Formación Profesional



Página Validacións de estudos de galego

Requisitos para a obtención dos títulos CELGA.


A Formación Profesional URL Centros Residenciais Docentes

Queres estudar un ciclo de formación profesional en Vigo ou en Ourense? A consellería convoca prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes de estas cidades para todas as persoas que queiran cursar estudos postobrigatorios. Nesta ligazón podedes consultar a convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
  • Para o alumnado matriculado en bacharelato: entre o 7 de xuño e o 11 de xullo de 2022.
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2022.

Archivo Calendario do procedemento de admisión a FP de graos medio e superior para o curso 22/23

Se tes pensado facer un ciclo de formación profesional de grao medio ou superior é fundamental que teñas en conta os prazos das diferentes partes do proceso. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas Neste documento aparecen os prazos para o réxime ordinario e o réxime de persoas adultas ou modular. Sé puntual!

Archivo Calendario do procedemento de admisión a grados de FP na modalidade dual para o curso 22/23

Queres facer un ciclo de formación profesional para o vindeiro curso na modalidade dual? Aquí tes os prazos de todos os trámites que debes cumprir. A presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas. Non te despistes!

URL Oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao básico, medio e superior en Galicia para o curso 22/23
URL Buscador de notas de corte de graos de FP e graos universitarios

Aplicando diferentes filtros (familia profesional, provincia, centro educativo, etc) poderás coñecer as notas de corte dos graos medio e superior e dos graos universitarios que se imparten en España. Recorda que estas notas son orientativas e non teñen porqué coincidir cas do próximo curso 22/23.

URL Familias profesionais e ciclos formativos en Galicia
Nesta ligazón tedes á vosa disposición folletos informativos de todas as familias profesionais da FP coa principal información de cada un dos ciclos (módulos que se estudan, saídas profesionais, ámbitos de traballo, lugares onde se poden estudar, etc.). Para acceder, debedes picar na icona de cada familia profesional. Se preferides, tamén podedes vir polo departamento de orientación e consultalos en papel.
URL Vídeos informativos sobre as diferentes familias
Nesta páxina da Junta de Andalucía se picades na icona de cada familia profesional podedes acceder a vídeos informativos moi entretidos nos que os propios estudantes vanvos contar en que consiste cada unha das profesións. 
Carpeta FP de Grao Superior
Estás pensando en facer un Grao Superior de Formación Profesional? picando aquí atoparás todo o que precisas saber.
Carpeta FP Dual

Oíches falar da FP Dual pero non sabes moi ben o que é? De xeito moi resumido, consiste en cursar un ciclo de formación profesional (de grao medio ou superior) nun centro educativo e nunha empresa ao mesmo tempo cobrando un pequeno soldo. Iso si, tes que ser maior de 18 anos. Mirando este cartafol poderás coñecer un pouco máis sobre a FP Dual.

URL Mapa da FP Dual en Galicia

Mapa no que poderás localizar todos os centros e ciclos onde se pode cursar a FP Dual en Galicia así como as empresas colaboradoras.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA UDC URL Xornada de portas abertas virtuais UDC 2022

Non puideches asistir á xornada de portas abertas da UDC? Non te preocupes, aquí están subidas todas as charlas impartidas que conteñen a información que che pode interesar.

Archivo Parrilla das charlas da UDC e ligazóns para ver cada unha delas
Abre este PDF, pica na titulación que che interese e poderás ver unha curta da presentación do grao, conversas cos estudantes e as grabacións das charlas de cada grao que houbo nas xornadas de portas abertas celebradas os días 30 e 31 de marzo.
Presentacións utilizadas nas charlas de titoría Archivo Presentación con 4º ESO
Por se vos é útil e como pedistes, aquí tedes a presentación das charlas de orientación que facemos nas sesións de titoría de 4º da ESO. Xa sabedes que se tedes dúbidas podedes vir polo departamento ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com
Archivo Presentación con 1º bacharelato

Velaquí tedes a presentación utilizada nas charlas de orientación con 1º de bacharelato. Tamén vós, para calquera aclaración podedes vir polo departamento de orientación ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com

IMPORTANTE: Cando obtés o título de bacharelato? Archivo Título de bac
Probas de acceso a ciclos de formación profesional Carpeta Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Para todos os que non tedes o título da ESO (nin outro que vos permite acceder a un grao medio), tedes 17 anos ou os facedes ao longo do ano 2022 e queredes facer un grao medio, nesta carpeta atoparedes todo o que precisades (listaxe de admitidos, calendario, instrucións, sedes, etc.)


URL Presentación interactiva sobre as probas de acceso a ciclos de Grao Medio

Nesta presentación tedes todas as ligazóns que precisades manexar se vos ides presentar á proba de acceso a ciclos formativos de grao medio

Carpeta Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Para todos os que non tedes o título de bacharelato (nin outro que vos permite acceder a un grao superior), tedes 19 anos ou os facedes ao longo do ano 2022 e queredes facer un grao superior, nesta carpeta atoparedes todo o que precisades. (listaxes de admitidos, calendario, instrucións para a realización das probas, sedes, etc.)

URL Presentación interactiva sobre as probas de acceso a ciclos de Grao Superior

Neste presentación tedes toda a información que precisades se tedes previsto presentarvos á proba de acceso a ciclos superiores. 

E despois do bacharelato que? URL Guía de estudos superiores en Galicia

Queres saber que podes estudar en Galicia despois de rematar o bacharelato? Este buscador, publicado por La Voz de Galicia, contén todos os estudos superiores que se poden cursar no momento actual na nosa comunidade autónoma. Seguro que hai algún que che interesa! A aplicación online está en construción, pero o 3 DE ABRIL PUBLICOUSE EN PAPEL A NOVA GUÍA PARA O CURSO 22/23, se queres consultala mentres a aplicación web non está lista, vén polo departamento de orientación!

Seminario Menor de la Asunción | Guía de Estudios Superiores

A Universidade URL Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela

O prazo para solicitar unha praza no Servizo Universitario de Residencias está aberto ata as 14:00 horas do 28 de xuño de 2022. Nesta ligazón atoparedes toda a información sobre o proceso.

URL Estudos nas univesidades españolas
Queres facer estudos universitarios pero non sabes onde se imparten? Neste buscador é posible localizar todos os estudos universitarios oficiais de grao, máster ou doutoramento que se poden cursar en todas as universidades españolas.
URL Universidade da Coruña
A UDC adica este apartado da sua páxina web aos futuros estudantes universitarios con toda información que precisades coñecer

URL Universidade de Santiago de Compostela

Tes pensado facer un grao universitario na USC? como futuro estudante interésache coñecer a información que adican especialmente para vós

URL Universidade de Vigo

Interésache coñecer a UVigo? Mira ben o que che contan na sua páxina web...

Ensinanzas de réxime especial URL Ensinanzas de réxime especial

Páxina da Consellería de Educación na que premendo en cada icona, poderás acceder á información oficial sobre as seguintes ensinanzas:

  • Deportivas.
  • De idiomas.
  • Artísticas.
  • De adultos.Bienvenido a Enseñanzas Artísticas

Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Archivo Resumo do acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 22/23
Archivo Onde se poden cursar estes estudos?
Archivo Guía dos estudos que se poden cursar nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia
Archivo Folleto
Ensinanzas Superiores de Arte Dramática URL Xornada de portas abertas telemática

Se queres asistir ás xornadas de portas abertas telemáticas que organiza a ESADG o día 5 de maio de 2022 pica nesta ligazón e segue os pasos que che indican (debes confirmar a túa asistencia con antelación)

Archivo Resumo do acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 22/23
URL Páxina web da ESADG (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia)

Na páxina web da ESADG atoparás todo o que che pode interesar como futuro estudante: especialidades, plan de estudos, requisitos de acceso, prazos, probas de convocatorias anteriores, preguntas frecuentes, etc.

Ensinanzas de Restauración e Conservación de Bens Culturais Archivo Resumo do acceso ás Ensinanzas Superiores de Restauración e Conservación de Bens Culturais
URL Páxina web da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Como futuro estudante, deberías botarlle un ollo a todo o que a Escola che conta na sua páxina web.

Buscando traballo? Carpeta Traballar nas forzas e corpos de seguridade do estado

Gustaríache ser policía nacional, garda civil ou militar? coñeces os estudos que tes que facer ou sabías que hai unhas probas físicas que debes superar? Bótalle un ollo a este cartafol.

Oposiciones para las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado - YouTube

Archivo Guía para a búsqueda de emprego. Novas tecnoloxías.

Se queres aprender a facer un currículo vitae, redactar unha carta de presentación ou saber como superar unha entrevista de traballo deberías consultar esta guía publicada polo concello da Coruña. Vaiche ser moi útil.