Evitar navegación.
Principal

BOLSAS E AXUDAS

BOLSAS curso 2024-2025

 

Comeza o prazo para solicitar as bolsas para bacharelato,universidade ou FP... PIDE XA A TÚA

Máis información premendo na imaxe 

 

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDAS Linguas Estranxeiras 2024

 

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR curso 2023-24

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 21 de xuño.

Información completa AQUÍ

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR curso 2022-23

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño.

Información completa AQUÍ

BOLSAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCATORIA CURSO 22/23

O prazo para solicitar as bolsas xerais do Ministerio de Educación adiántase respecto a convocatorias anteriores ao período comprendido entre os días 30 de marzo e 12 de maio de 2022 para TODOS aqueles estudantes que vaian matricularse no curso 22/23 en estudos de bacharelato, formación profesional, universitarios ou outros estudos postobligatorios.

Toda a información AQUÍ

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR curso 2021-22

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 21 de maio ata o próximo día 22 de xuño.

Información completa AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS CON FILLOS MATRICULADOS EN 1º ESO

Respecto das dúbidas que nos presentan sobre a compra dos tres libros de texto que non están incluídos no programa EDIXGAL: bioloxía, lingua galega e inglés, deben saber que repartiremos estes libros do fondo do instituto entre as persoas que os soliciten.

Para optar polos libros deberán cubrir e enviar o seguinte formulario: https://forms.gle/5TKVMdyWmYYDvX8k8

No caso de que a demanda sobrepase o stock terán prioridade os alumnos/as que obtiveran axudas para a adquisición de material escolar, seguidamente os demais solicitantes de axudas que non a obtiveran e por último os demais solicitantes. Dentro de cada grupo será por orde alfabética empezando pola mesma letra que saíu no sorteo público para a admisión de alumnado deste ano: primeiro apelido Tg e segundo apelido Ex.

O prazo para solicitar os libros remata o 24 de agosto.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do fondo solidario e axudas de libros de texto para alumnado da ESO e con necesidades especiais.

Tamén se pode consultar a través da sede electrónica que o teña solicitado por esa canle.

Prazo para emendar deficiencias na documentación: ata o 27 de xullo inclusive.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño.

Información completa AQUÍ

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2020

Publicada a ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 26 de marzo.

Toda a información sobre este programa, atópase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Distribuir contenido