Evitar navegación.
Principal

Gañadores do 1º premio no Concurso "Inventa en Galego con AppInventor"

Inventa en Galego con App Inventor é un certame que premia as mellores Apps feitas na lingua propia de Galicia por estudantado de centros educativos de primaria e secundaria. Un concurso convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia), e xa vai pola sexta edición,  encamiñado á creación de Apps para Android completamente funcionais. Un xeito de achegar a programación ao alumnado e axudarlle a desenvolver o Pensamento Computacional. Obxectivos que se ven favorecidos por unha ferramenta que comparte con Scratch unha interfaz gráfica e unha programación por bloques.

 

El primer premio de la VI edición del certamen Inventa en galego recayó en el IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo por una serie de apps centradas en la empresa que fueron tutorizadas por el profesor Ángel Acción y elaboradas por alumnado de primero de bachillerato de este centro: Esencial, orientada a los servicios que hacen más simple la vida de los ancianos y ancianas; BachtoMusic, pensada para la venta de partituras e instrumentos musicales o para la reserva de estudios de grabación; CicloFood, aplicación de demanda de comidas a domicilio, y Todo deporte, que permite ofrecer material deportivo. Fonte: Sala de Comunicación da Xunta de Galicia

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o feito de que “as apps que obtiveron o primeiro premio estean orientadas á creación e funcionamento de empresas, favorecendo a innovación e o emprendemento e asociando estes dous conceptos cun idioma que se mostra, así, dinámico e útil”. Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado venres 20 de xuño de 2019 no IES Menéndez Pidal (Zalaeta) coa presenza de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, organismo patrocinador deste premio.

 

 

Ademais da foto de grupo e da recepción do premio, o alumnado tivo que expoñer as características das súas Apps cunha breve explicación do proceso de creación. A presentación que deu soporte á súa disertación de 10 minutos foi a seguinte:

 

 

Mais información na web de Igaciencia: Proxectos premiados de Inventa en Galego 2019

Repercusión no medios:

El IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo se hace con el primer premio del VI certamen 'Inventa en galego' na páxina da Xunta do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' na web "O Portal da Lingua Galega" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario dixital "Noticias de" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario "Galicia Digital" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario dixital "El Noticiero de Arteixo" do 21 de xuño.