Evitar navegación.
Principal

APOIO

AULAS DE APOIO 1 e 2

Benvida á sección das AULAS DE APOIO do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo!

Neste curso 2018-19, contamos con 2 especialistas en PT (Pedagoxía Terapéutica) para atendelas:

Aula Apoio 1: Mª Carmen Otero Sánchez   Aula Apoio 2: Lucía Barbeito Campos

 

O nome de PT vén dun antigo curso de formación, denominado “Pedagoxía Terapéutica”, que recibían as/os mestras que  prestaban apoio a alumnos con dificultades de aprendizaxe, cando aínda non se crearan as especialidades universitarias ao efecto.

Iso somos as/os PT: profesoras integrantes do Departamento de Orientación que, entre outras cousas, axudamos aos alumnos con necesidades educativas específicas a alcanzar os obxectivos curriculares mínimos e a integrarse socialmente no ámbito escolar. Tratando de dar resposta axeitada á diversidade de capacidades, motivacións, situacións socio-familiares, etc; desde o Dep. de Orientación e as aulas de PT, vemos de conectar, cos intereses do noso alumnado e os contidos que se estean a traballar na aula ordinaria, procurando que desenvolvan estratexias e habilidades para a súa asimilación e xeneralización a contextos diversos, especialmente no marco das competencias clave. Tamén establecemos canles de colaboración co profesorado, familias e outras institucións para coordinar, afianzar e/ou xeneralizar os apoios e elaborar, cando é preciso, Adaptacións Curriculares Individualizadas (ACI).

 

 Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co alumnado neste curso 2018-19

(Pincha aquí para enlazar co Blog  do noso centro onde tamén se relatan)

 

 

 

 

8 DE MARZO. "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

 

 

Tradicionalmente, o traballo feminino resultou invisibilizado socialmente: o cuidado do fogar, dos nenos, anciáns ou enfermos estaban ao seu cargo; non era remunerado, por tanto, non tiña valor. Nalgúns casos, este tipo de tarefas impediulles ás mulleres o desenvolvemento profesional noutros campos.

 

É certo que incontables mulleres lograron éxitos profesionais ao longo da historia, pero moitas delas quedaron no anonimato. Algunhas incluso, foron mortas por reclamar os seus dereitos ou condicións dignas no traballo.

 

Estas son algunhas das razóns que dan sentido á conmemoración do 8 de marzo:

 

Que se visibilice e valore,

na súa xusta medida

o traballo das mulleres

na sociedade presente, pasada e futura!!

 

 

 

 

 

 

 

 

30 DE XANEIRO, "DÍA INTERNACIONAL DA PAZ"

Día da Paz 2019

 

 

 

 

 

 

Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2017-18

 

SES, en maio, na Universidade Laboral, para alumnado do Concello de Culleredo

Concerto de SES a estudantes do Concello de Culleredo, na Universidade Laboral

 

 

Mural Letras Galegas 2018

23 de abril, Día do Libro

 

 

 

 

 

 

 

 

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO                                                                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Excursión de 1º ao Museo de Historia Natural en abril

 

Exposición no Centro Ágora da Coruña: Muller tiña que ser!

 

Día de Rosalía 2018

30-1-18 Día Internacional da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2016-17

 

      Día da Poesía 2017

 

 

 

Distribuir contenido