Alumn@s protagonistas
O IESEBA acada o 1º premio do concurso "Inventa en Galego con AppInventor"
Os alumnos Andrés Pérez e Samuel Uxío Rodríguez, coordinados polo seu profesor Ángel Acción, acadaron o primeiro premio na cuarta edición do certame Inventa en galego.
Pódese acceder dende aquí á nota de prensa de La Opinión
ENTREVISTA RADIO VOZ
Hoxe, 8 de maio de 2018, foron entrevistados en Radio Voz, unha representación dos alumnos gañadores do concurso "Matemáticas na Raia", Nerea Vilariño, e dos que presentaron unha radio no Día da Ciencia na Rúa o pasado sábado, Carlota Anguera, Andrés Fernández, Javier Cortegoso e Lucía González. Acompañados polos seus profesores Tamara Fernández, José Luis Naveira e José Carlos Alonso. Pódese acceder á entrevista, ás fotos e á nota de prensa, a través dos respectivos links en vermello: |
||||
ENTREVISTA | FOTOS |
NOTA DE PRENSA |
Gañadores Matemáticas na Raia 2018
Os alumnos de 3ºESO-B resultaron gañadores do IV Concurso Matemáticas na Raia. Nesta edición, realizaron a proba máis de 400 alumnos galegos, resolvendo entre todos os da aula 5 problemas. O premio é unha fin de semana lúdico-matemático para toda a aula en Esposende- Portugal. PARABÉNS AOS GAÑADORES E A SÚA PROFESORA TAMARA FERNÁNDEZ!! |
O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"
|
O pasado 19 de xuño de 2017 tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta), a entrega de premios do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor", organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística tivo lugar, no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións. O noso centro obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. Noraboa!!
Toda a información máis detallada no blog de Angel Acción |
|
OLIMPIADA MATEMÁTICA 2017
O pasado xoves 27 de Abril tivo lugar a Olimpiada Matemática Galega 2017 para o alumnado que cursa 2º da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia. Organizada por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), a convocatoria trata de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas. Este ano, a representación do noso centro foi da man de dous alumnos de 2º B, Marín Insua Gómez e Xesús Patiño Martínez, que se presentaron á primeira fase no IES Otero Pedrayo. Á espera dos resultados, afrontaron con ilusión esta actividade e recibiron un primeiro diploma pola súa participación.
Dende a dirección, o profesorado e os compañeiros dámoslle a noraboa! |
|
|
alumn@s protagonistas
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) en colaboración coa Fundación Barrié convocaron os seguintes concursos nos que obtiveron premios alumnas do noso centro: |
||||
IV Concurso de Esopias |
Paula Taibo Suárez (1ºESO-B) ca esopía “Ana y Luis y Jaime” na categoría: Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO Lucía García Castro (1ºESO-C) ca esopía “Sol y luna o calor” na categoría: Obra máis votada na web |
|||
VII Certame de Matmonólogos |
Carmen Sánchez Rodríguez (2ºESO-B) ca obra “El infinito” na categoría: Obra máis votada na web. |
|||
Os premios foron entregados o día 22 de abril durante a celebración da XI Feira Matemática 2017 en PALEXCO.
Máis información premendo nas imaxes e seguindo os links en vermello. |
||||
|
|
|
|
2º premio no XXIX Open Matemático
Júlia Misaki Anguera Zemba (3ºESO-B) quedou no segundo posto (con 38 puntos, a só dous do primeiro), de 1346 participantes, do XXIX Open Matemático, celebrado o pasado xoves 23 de febreiro que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.
Pódese ver máis información no seguinte link.
¡Noraboa!