Evitar navegación.
Principal

O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

José Luis Ares, Manuel Eduardo Seijas, Angel Acción e Valentín García. Imaxe de Código Cero, recuperada o 19 de xuño de 2017.

Hoxe, 19 de xuño de 2017, vimos de recoller o 2º premio do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor" organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións.

O IES de Culleredo obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. 

Extracto da publicación  "A App Bicicoruña do IES Ramón Menéndez Pidal faise coa 3ª edición do premio Inventa en Galego" na Web da Consellería de Educación. Tamén nas notas de prensa da web da Xunta fálase do certame e inclúe máis fotos, unha delas recolle o noso premio.

Finalistas e Gañadores dos concursos Inventa en Galego e Sensores para todos 2017, na web de IGACIENCIA.

'Inventa en galego': aplicacións móbiles e lingua van da man na escola, no diario Praza Pública. Inclúe o vídeo explicativo de GoceCulleredo.

Entréganse os premios Inventa en Galego, no diario dixital Código Cero. A imaxe de cabeceira procede deste artigo.

A app ‘Bicicoruña’ do IES Ramón Menéndez Pidal faise coa terceira edición do premio Inventa en Galego, no Portal da Lingua Galega.

La APP "Bicicoruña" de un instituto coruñés gana el premio Inventa en Galego, no diario online Noticias Galicia.

El IES Ortigueira y el IES «Concepción Arenal» de Ferrol premiados con el «Sensores para todos», en Galicia Ártabra Digital.

A aplicación BiciCoruña leva o premio Inventa en Galego, no diario El Correo Gallego.

Alumnos del Ramón Menéndez Pidal de A Coruña, premio Inventa en Galego, no diario La Opinión. Neste enlace temos a foto dos nosos gañadores. La prensa en papel hai un artigo extenso.

 

Estas son as 7 Apps realizadas por 6 equipos da materia de TIC 1:

CulleSport
 
Laura Amor, Eder Vázquez e Alicia Ríos.
 
 
Cómete Culleredo
 
 
 
A continuación quédavos o artigo no Facebook do alumnado do IESEBA: