Evitar navegación.
Principal

O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

    

O pasado 19 de xuño de 2017 tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta), a entrega de premios do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor", organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística tivo lugar, no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións.

O noso centro obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. 

Noraboa!!

 

Toda a información máis detallada no blog de Angel Acción