Evitar navegación.
Principal

Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega

 

Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega.

Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos.

Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen.

O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio.

Descarga as bases completas AQUÍ