Evitar navegación.
Principal

AVISO ALUMNADO INSTRUCCIÓNS COMEZO DE CURSO 2019-2020

Pódense consultar dende AQUÍ as instrucción do comezo de curso.

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19.

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de setembro de 2019. Toda a información aquí

AVISO ALUMNADO INDICACIÓNS SETEMBRO

Estase a repartir unha folla de avisos ao alumnado con indicacións para setembro. Pódese consultar dende AQUÍ

RESULTADOS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU 2019

Aínda que digan que segundas partes nunca foron boas, temos que felicitar ao noso alumnado que se presentou á convocatoria extraordinaria das ABAU por ter superado todos a proba.

Parabéns!!!

FELICITACIÓN DO CONCELLO

         

O CONCELLO DE CULLEREDO ENVIOU VÍA TWITTER UNHA FELICITACIÓN AO NOSO CENTRO E AO NOSO ALUMNADO POLOS RESULTADOS OBTIDOS NAS PROBAS ABAU

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS 

 

 

 

 

 

 

Pulsar ma imaxe para acceder ao twitt

O IESEBA ENTRE OS 21 MELLORES

Noraboa ao noso alumnado que fai que o traballo que desenvolvemos conxuntamente, se vexa recompensado cuns resultados máis que satisfactorios.

Como se pode ver na imaxe de La Voz de Galicia de hoxe, o IES Eduardo Blanco Amor está entre os 21 centros con mellores notas nas probas ABAU de Galicia.

(Premer na imaxe para ampliar)

 

 

DESPEDIDA PROMOCIÓN DE 2ºBAC 2019

Parabéns ao noso alumnado de 2º de bacharelato!!

Aprobastes o 100% dos sesenta que vos presentastes en xuño, vinte superastes o 11 e cinco superastes o 13. Isto aumenta enormemente as vosas posibilidades de estudar o que desexedes. É o xusto premio polo esforzo realizado.

Alegrámonos deste éxito compartido e animámosvos a seguir traballando polas vosas metas.

Moita sorte

Ata sempre!!!

CALENDARIO PROVISIONAL SETEMBRO 2019

Xa está pubricado o calendario PROVISIONAL de exames de setembro e as indicacións xerais no bloque correspondente no lateral dereito da páxina web. Ao longo do mes de XULLO colgarase o CALENDARIO DEFINITIVO.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

CALENDARIO SETEMBRO 2019

QUEDA APRAZADA ATA O MARTES 2 DE XULLO A PUBLICACIÓN DO CALENDARIO PROVISIONAL de exames DE SETEMBRO DEBIDO A QUE A ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR SAIU PUBLICADA ESTE VENRES 28 DE XUÑO 

Gañadores do 1º premio no Concurso "Inventa en Galego con AppInventor"

Inventa en Galego con App Inventor é un certame que premia as mellores Apps feitas na lingua propia de Galicia por estudantado de centros educativos de primaria e secundaria. Un concurso convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia), e xa vai pola sexta edición,  encamiñado á creación de Apps para Android completamente funcionais. Un xeito de achegar a programación ao alumnado e axudarlle a desenvolver o Pensamento Computacional. Obxectivos que se ven favorecidos por unha ferramenta que comparte con Scratch unha interfaz gráfica e unha programación por bloques.

 

El primer premio de la VI edición del certamen Inventa en galego recayó en el IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo por una serie de apps centradas en la empresa que fueron tutorizadas por el profesor Ángel Acción y elaboradas por alumnado de primero de bachillerato de este centro: Esencial, orientada a los servicios que hacen más simple la vida de los ancianos y ancianas; BachtoMusic, pensada para la venta de partituras e instrumentos musicales o para la reserva de estudios de grabación; CicloFood, aplicación de demanda de comidas a domicilio, y Todo deporte, que permite ofrecer material deportivo. Fonte: Sala de Comunicación da Xunta de Galicia

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o feito de que “as apps que obtiveron o primeiro premio estean orientadas á creación e funcionamento de empresas, favorecendo a innovación e o emprendemento e asociando estes dous conceptos cun idioma que se mostra, así, dinámico e útil”. Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado venres 20 de xuño de 2019 no IES Menéndez Pidal (Zalaeta) coa presenza de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, organismo patrocinador deste premio.

 

 

Ademais da foto de grupo e da recepción do premio, o alumnado tivo que expoñer as características das súas Apps cunha breve explicación do proceso de creación. A presentación que deu soporte á súa disertación de 10 minutos foi a seguinte:

 

 

Mais información na web de Igaciencia: Proxectos premiados de Inventa en Galego 2019

Repercusión no medios:

El IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo se hace con el primer premio del VI certamen 'Inventa en galego' na páxina da Xunta do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' na web "O Portal da Lingua Galega" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario dixital "Noticias de" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario "Galicia Digital" do 20 de xuño.

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego' no diario dixital "El Noticiero de Arteixo" do 21 de xuño.

 

Distribuir contenido