Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

CALENDARIO PROVISIONAL SETEMBRO 2019

Xa está pubricado o calendario PROVISIONAL de exames de setembro e as indicacións xerais no bloque correspondente no lateral dereito da páxina web. Ao longo do mes de XULLO colgarase o CALENDARIO DEFINITIVO.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

CALENDARIO SETEMBRO 2019

QUEDA APRAZADA ATA O MARTES 2 DE XULLO A PUBLICACIÓN DO CALENDARIO PROVISIONAL de exames DE SETEMBRO DEBIDO A QUE A ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR SAIU PUBLICADA ESTE VENRES 28 DE XUÑO 

Circular informativa FIN de CURSO 2019

No día de hoxe enviouse, a través dos alumnos, unha circular informativa ás familias con información sobre o fin de curso e a entrega de libros de texto ao fondo solidario.

Para acceder a dito documento premer AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2019-20

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 21 de maio ata o próximo día 21 de xuño.

Información completa AQUÍ

 

Seccións Bilingües 2019-20

Xa está aberto ata o 5 de xuño o prazo para solicitar incorporarse a unha sección bilingüe o curso próximo.

As persoas interesadas deberán pedir en administración a información e os impresos correspondentes ou descargalos directamente nesta páxina web. no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2019-20

Iranse actualizando os enlaces nas datas que se indican.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ 

AVISO CAMBIO Nº TELÉFONO - VIAXES ESTUDOS CURSO 2018-2019

Cambio dos números de teléfono móbil que vai utilizar o profesorado e ao que poden chamar as familias durante as viaxes a Londres e Roma. Os novos número son:

Londres:  655 412 037     Roma:  655 412 069

AVISO PENDENTES 2018-2019

Con motivo de que o 20 de maio de 2019 é día non lectivo, o Departamento de Xeografía e Historia modica a data para a realización da proba de pendentes de ESO, que será o día 23 de maio de 2019 na Sala de Usos Múltiples de 10,30 a 11,20 horas.

AVISO PENDENTES 2018-2019

Con motivo da viaxe de estudos dos alumnos de 4ºESO do 8 ao 12 de abril, o Departamento de Matemnáticas modica a data para a realización da 2ª proba de pendentes de 3ºESO, que será o día 3 de abril de 2019 na Sala de Usos Múltiples de 10,15 a 11,20 horas.

ATENCIÓN!!! NOVOS CAMBIOS NAS XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro e 19 de novembro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 2ºESO, 3ºESO-A, 3ºESO-B, 3ºESO-C, 3ºPMAR e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-C, 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºBAC e 2ºBAC

O día 19 de novembro, para as familias de alumnos de 1ºESO-F e 3ºESO-D

As familias de 1º de ESO serán recibidas primeiro pola directora na sala de usos múltiples e despois dirixiranse ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor para tratar temas do seu interese. As familias do resto dos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º de bacharelato dirixiranse directamente ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor. Se algunha das familias ten varios fillos no centro, en cursos distintos, pode poñerse previamente en contacto cos titores para que lles poidan recibir o mesmo día.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

 

O día 26 de novembro terán lugar as votacións para elixir candidatos ao Consello escolar. O prazo de presentación de candidaturas remata o 19 de novembro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas deben cubrir un impreso que se lles entregará en Administración e que quedará custodiado no centro.

Toda a información no bloque na columna dereita da web "ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018"

 

 

Distribuir contenido