Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO

As tarxetas coas cualificacións das probas ABAU chegarán ao centro aproximadamente entre o 25-28 de xuño (anteriormente serán notificadas vía correo electrónico a cada interesado).

Publicaremos na web o aviso de recollida en canto as teñamos no instituto.

Se tedes de nota media 8,75 nos dous cursos de bacharelato, podedes optar aos premios extraordinarios de bacharelato.

Podedes facer a solicitude en liña na sede electrónica da Xunta de Galicia  ou presencialmente, en calquera dos lugares en rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O impreso podedes sácalo na sede electrónica ou pedilo en Administración do instituto.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Información completa AQUÍ

ADMISIÓN CURSO 2018-19 - Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no bloque de ADMISIÓN CURSO 2018-19.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

3ª Circular informativa GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

No día de hoxe repartiuse aos alumnos/as de 2ºBAC, unha terceira circular para as súas familias con nova información e instruccións sobre a graduación.

Pódese acceder á devandita CIRCULAR premendo no link en vermello

SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2018/2019

Xa está publicada no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2018-19 a información necesaria. Iranse actualizando os enlaces nas datas que se indican.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

Xornadas Acollida 2018

Como é tradición, a final de curso recibimos ás familias e alumnos de 6º de primaria que o curso próximo se incorporarán a 1º de ESO ao instituto.

Máis información sobre as datas e horarios AQUÍ

2ª Circular informativa GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

No día de hoxe repartiuse aos alumnos/as de 2ºBAC, unha segunda circular para as súas familias con nova información e instruccións sobre a graduación.

Pódese acceder á devandita CIRCULAR premendo no link en vermello

1ª Circular informativa GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

No día de hoxe repartiuse aos alumnos/as de 2ºBAC, unha circular para as súas familias con información sobre a graduación que se celebrará no Hotel Finisterre, o vindeiro 18 de maio, e que inclúe os datos da conta onde se debe facer o ingreso de reserva, e outros documentos que deberán devolver asinados antes do día 25 de abril.

Pódese acceder á devandita CIRCULAR premendo no link en vermello

Viaxes de estudo 2018: Información ás familias.

Con motivo das viaxes de estudos poden ver AQUÍ información sobre o funcionamento do centro durante as mesmas.

PROGRAMA "PONTE A PUNTO"

LEMBRAMOS QUE O DÍA 21 DE DECEMBRO REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA PONTE A PUNTO

PÓDESE ACCEDER O TRÍPTICO INFORMATIVO CA FICHA DE INSCRIPCIÓN, PREMENDO NA IMAXE

Distribuir contenido