Evitar navegación.
Principal

BANCO DE LIBROS - 15/06/2022

Estimadas familias,

 

Ao estar integrados no programa E-Dixgal, o noso centro non poderá beneficiarse do banco de libros da Xunta. A petición do instituto, o ANPA encargarase de xestionar un banco para aqueles libros de texto que NON cambien para o curso que ven

 

Como xa sabedes, os cursos ímpares adáptanse á nova lei para o seguinte curso e os pares para o curso 2023/24. O feito de que algúns dos libros cambien vai facer este intercambio un pouco complexo e inxusto. Trataremos de facelo o mellor que poidamos e, desde aquí mandamos un especial agradecemento a aqueles departamentos que van facer un esforzo para pospoñer un ano o cambio de libros, e que así este gasto non recaiga tanto nas mesmas familias dous anos seguidos. 

 

Os libros vanse recoller o xoves 16 e venres 17 de xuño, ao longo de toda a mañá, tanto os de devolución obrigatoria (prestados polo centro durante este curso), como para posibles doazóns de libros que non son do centro.

 

Cos libros entregarase un impreso co nome do alumno/a participante, os libros entregados (páxina 1), a petición de libros para o novo curso (páxina 2) e as normas de participación (páxina 3, que non é necesario entregar). Este formulario pode descargarse desde esta páxina ou cubrirse no momento da entrega (teremos nós copias en papel).  

 

Grazas pola vosa colaboración.



 

AdjuntoTamaño
Formulario Banco de Libros 2022_23.pdf79.52 KB