Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

Aviso

Durante a primeira quincena de agosto atenderémoslles chamando ao teléfono: 677342629, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Se, por calquera motivo, a súa chamada non pode ser atendida, deixen a súa mensaxe e porémonos en contacto con vostede.

Culleredo, o 29 de xullo de 2016

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico no curso 2015-16

O día 27 de xullo saíu publicada no DOG a orde do 7 de xullo da Consellería de Educación, pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-16.

- Os premios, dotados de 750 euros e diploma acreditativo, están destinados para alumnado que cursou 4º da ESO no 2015-16 e ten 9.00 de media ou máis.

- O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais contados a partir da publicación da Orde no DOG.

- É o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, quen debe presentar a solicitude de participación en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, non son válidos os rexistros dos centros educativos.

- A proba para a concesión dos premios terá lugar no mes de setembro.

Acceso á orde no Diario Oficial de Galicia.

Horario de verán

O horario de atención ao público na Administración deste centro educativo durante os meses de xullo e agosto será de 10:00 h a 13:00 h, de luns a venres, agás días festivos.

O Concello de Culleredo oferta clases de reforzo escolar este verán

O Concello de Culleredo, no seu plan de loita contra o fracaso escolar, organiza clases de reforzo escolar, gratuítas, para este verán. Este programa está dirixido a tódolos niveis de ensinanza: de 3º a 6º de Primaria, de 1º a 4º de ESO e de 1º e 2º de Formación Profesional.

Estas aulas de reforzo educativo teñen como finalidade resolver dúbidas, preparar exames e traballos académicos. Cada grupo terá un mínimo de seis alumnos ata un máximo de quince. O prazo de preinscrición abrirase o próximo 27 de xuño e as clases comezarán o 4 de xullo en Vila Melania (Vilaboa).

O Concello tamén ofrece clases de apoyo para preparar as probas libres de obtención do título de graduado en ESO dirixidas ao alumnado que no seu día abandoou os estudos. A inscrición abrirase tamén o día 27 e as clases serán en Vila Melania.

Circular informativa ás familias: calendario de fin de curso

A circular inclúe o calendario lectivo ata fin de curso, datas de entrega de notas, prazo de reclamacións, prazo de matrícula e outra información relevante que se entregará ao alumnado xunto con esta circular.

Acceso á circular

Información sobre servizos educativos complementarios

Servizos educativos complementarios:

O centro ofrece servizo de comedor escolar e servizo de transporte escolar. Só terán dereito a estes servizos os alumnos que por domicilio lles corresponda este centro, é dicir, só os alumnos da área de influencia do IES E. Blanco Amor

Normativa de organización e funcionamento do comedor escolar:

-        Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG do 13 de agosto) polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en educación.

Normativa sobre transporte escolar:

-         Sobre o dereito ao uso dos servizos complementarios gratuítos: artigo 6 da Orde do 12 de marzo de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O. U. (DOG 53 do 15 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnos en educación secundaria en centros docentes sostidos con fondos públicos.

-       Sobre o dereito ao servizo de transporte escolar: artigo 1º do decreto 203/1986 de 12 de xuño polo que se regulan determinados aspectos do transporte escolar

-    Sobre o número de viaxeiros de cada vehículo: artigo 4º apartado 12 do R.D. 443/2001 de 27 de abril. (BOE 2/5/01) sobre condicións de seguridade no transporte escolar

-   Sobre a modificación de itinerarios do transporte escolar: Circular 7/98 da Secretaría Xeral de Educación pola que se regula a modificación de itinerarios de transporte escolar.

A INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17 PÓDESE ATOPAR NA PÁXINA WEB DO CENTRO: 

www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo

Os impresos de solicitude pódense atopar na Administración, na páxina web da Consellería e na páxina web do centro.

Culleredo, 1 de  marzo de 2016

Distribuir contenido