Evitar navegación.
Principal

AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21

Lamentamos a situación de incerteza con respecto ao comezo de curso que estamos a vivir. En canto teñamos información segura sobre os diferentes temas que lles interesan a iremos publicando nesta páxina web. Rogámoslles que estean pendentes. Ademais estreitamos o contacto co ANPA para traballar de forma coordinada. 

Doutra banda algunhas familias comunícannos que en Abalar móbil están a aparecer datos que non se corresponden coa realidade. Non fagan caso deles xa que son provisionais e non necesariamente se corresponderán cos definitivos. 

Por último comunicarlles que entre as medidas de seguridade fronte ao COVID que tivemos que adoptar está a de evitar desdobres e interaccións entre os alumnos, por este motivo algunhas optativas sufriron certos reaxustes que coñecerán os primeiros días de clase.