Evitar navegación.
Principal

ORIENTACIÓN

Orientación

Departamento de Orientación

MEMBROS DO DEPARTAMENTO:

Ana Mª Rivera Rozada (Xefa Departamento)

Mª Carmen Otero Sánchez

Carmen Rodríguez-Trelles Astruga

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

PROGRAMACIÓN

XA PASOU A ABAU... AGORA...

Antes de nada, NORABOA!!!!!!!!!!!

Atención, información importante para o alumnado que superou a ABAU!

Neste enlace atoparedes toda a información necesaria para os pasos a seguir para o proceso de admisión no sistema universitario de Galicia:

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

(especialmente interesante un video explicativo sobre o procedememnto para facer a inscrición en NERTA)

 

  • Fixádevos ben nas datas (este ano hai cambios por mor do COVID) para non perder ningún prazo.
  • O prazo de matrícula en liña será de dous día hábiles!!!! Neste prazo debedes matricularvos ou CONFIRMAR O INTERESE EN SEGUIR NAS LISTAXES, de non confirmalo decaeredes dos vosos dereitos!!!!!!
  • Lede ben toda a información e as preguntas frecuentes, de ser o caso no enlace atoparedes teléfonos para consultar dúbidas.

 

 

 

Aquí vos deixo unha mensaxe da UDC:

 

Temos as portas abertas da nosa Universidade: O camiño para inventar o futuro!, por se o voso alumnado ten dúbidas do Grado que quere estudar.

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, vai a atopar:

 

  • Vídeos das titulacións, testemuños de alumn@s e a Vida Universitaria que lle ofrece a UDC

 

Tamén nos poden atopar en Twitter: https://twitter.com/udc_gal e Facebook: https://www.facebook.com/udc.gal/

 

 

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 20/21

O próximo 25 de xuño comeza o proceso de admisión en Ciclos Formativos: FP Dual, Ciclo Medio e Ciclo superior.

 

Consulta o calendario para FP DUAL:    

Consulta o calendario para RÉXIME ORDINARIO e para PERSOAS ADULTAS

 

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

O xoves, 25 de xuño ás 12.00 teremos unha reuniónpara falar do proceso admisión e resolver dúbidas a través de Meet no seuinte enlace:

 

INSTRUCIÓNS ACCESO e ADMISIÓN a ENSINANZAS SUPERIORES de

 

 

    (pincha na imaxe para máis información)                                                         

 

     (pincha na imaxe para máis información)

   

 

         (pincha na imaxe para máis información)

     

 

 (pincha na imaxe para máis información)

 

 

 

 

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Se vas facer estudos postobrigatorios non universitarios e non tes a posibilidade de estudar preto da casa porque non existe esa oferta, podes acceder a unha praza nun centro residencial docente.

Ollo, o prazo para presentar solicitudes remata o 10 de xullo.

Accede á información pinchando nas imaxes.


VIDEO EXPLICATIVO ABAU e RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS EN MEET

Nunha entrada anterior tiñades información útil para as/os que vos ides presentar a ABAU. Hoxe queremos compartir este video que explica moi claramente como vai ser ese día paso a paso (como se fan os chamamentos, que facer cos códigos que vos entregan, se se pode levar móbil, calculadora, tipo de reloxio...). Dura 5 minutos e merece a pena velo.

 

Aproveitamos para recordarvos que o martes, 9 de xuño ás 17:00 Berta estará dispoñible para resolver dúbidas (ABAU, Ciclos...) no seguinte enlace:

 

NOVOS GRAOS NA UDC

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!! NOVIDADES!!

 A#UDCnonPara, e para o vindeiro curso 2020/2021 temos tres novas propostas  de Graos, nos que traballamos intensamente e que consideramos que poden resultar moi atractivos para o seu alumnado: 

  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña 
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
 (tedes información sobre Graos abertos nunha publicación anterior neste mesmo sitio web)
 
outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña
 
Podedes completar a información e visionar vídeos destas titulacións, na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/nova-oferta/

Podedes ver toda a oferta académica de Graos da USC e toda a Vida Universitaria na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/index.html
 

Grao Aberto 5USC Enxeñarías

Como novidade, o próximo curso implantarase no campus de Lugo un grao aberto, denominado 5USC Enxeñarías xa que permite ao alumnado escoller libremente materias de 5 graos diferentes durante o primeiro e segundo ano de carreira para despois decidirse por unha carreira concreta no ámbito da enxeñaría.
 
Os graos son:
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Robótica
Para máis información pincha na imaxe
 

Aínda tes subidas? ATOPA A TÚA CARREIRA

Unigow é unha plataforma que axuda ao alumnado de segundo de Bacharelato a atopar a súa carreira ideal. Trátase dunha gran comunidade de axuda entre universitarios e alumnado de Bacharelato.

Preme na imaxe

Distribuir contenido