Evitar navegación.
Principal

ORIENTACIÓN

Orientación

MODELOS EXAMES ABAU 2020

 

A CIUG ven de publicar os modelos de examen para este ano no que as probas de acceso á Universidade van ser algo diferentes, dadas as circunstancias. Por suposto o voso profesorado xa vos falará de cadansúa materia, pero por si queredes ir botando unha ollada... PREME NA IMAXE.

Aquí podes consultar a información nun formato máis visual:     

                                                                                              

FAMILIAS, SODES ENORMES. ESTE APLAUSO VAI POR VÓS.

Familias, moito ánimo, xa queda menos. Estádelo facendo de cine, por iso este aplauso vai por vós.

(Fai clic na imaxe para ver o contido)

XORNADAS VIRTUAIS PARA COÑECER A UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A causa do confinamento por COVID-19, a Universidade de A Coruña celebrará unhas xornadas virtuais de portas abertas dirixidas a todo o alumnado e familias que desexen coñecer a UDC.

¿CANDO?

Celebraránse o XOVES 23 e VENRES 24 DE ABRIL

O horario será de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

 

¿QUE INFORMACIÓN PODERÁS OBTER?

Os estudantes poderedes coñecer as titulacións en detalle, interactuando cos responsables de cada grao.

A información das xornadas estará organizada por ramas de coñecemento e dará a coñecer toda a oferta d graos para o curso 2020-2021.

Tamén poderedes coñecer os servizos que ofrece o Centro de inguas, cultura, deporte, cooperación, voluntariado, medioambiente, UDC saudable, atención a diversidade, acción titorial, asociacións estudiantis, emprego...

 

¿QUE ACTIVIDADES VIRTUAIS VAS ATOPAR?


Videoconferencias en directo de cada titulación

Videos de Centros Universitarios

Videos con testemulas de alumnado matriculado e alumnado titulado

Haberá dous postos permanentes para ser guiados polas xornadas; un de información xeral e outro no que se poderán facer as consultas relacionadas co acceso e a admisión á Universidade.

Haberá un apartado especial con talleres e retos en vivo, con premios para que os consiga superar.

 

Para acceder pincha na imaxe!!

 

"MIRA...TE CUENTO"

Bo inicio de semana chic@s!!

Este luns recomendamos una web para o alumnado preuniversitario.

 “Mira…te cuento”

 

Se vos inscribides, teredes a oportunidade de que estudantes de diferentes carreiras vos conten, a través de webinars, como é a carreira que vos interesa, para que serve…ademáis poderedes preguntarlles as dúbidas que teñades sobre elas. Cada día haberá unha ou dúas conferencias sobre as diferentes carreiras universitarias.

Animádevos a participar, isto pode axudarvos a elixir, con criterio, o voso futuro!

Ánimo!

ENTREVISTA PEDRO ARMAS (CIUG) SOBRE A ABAU

Bo día, este post vai dirixido, principalmente, ao alumando de 2º de Bacharelato.

Como recordaredes, no mes de febrero acudiu ó noso centro, Pedro Armas, vicepresidente da CIUG, para dar unha charla sobre a ABAU.

Pois ben, esta semana concedeu unha entrevista a un diario galego, onde fala dos cambios na ABAU para este curso 2019-2020. Leedeo e si tedes alguna dúbida, poñédevos en contacto co departamento de orientación a través dos nosos correos electrónicos e intentaremos axudarvos.

Que non decaia o ánimo!!!! 

 

ENTREVISTA PEDRO ARMAS

NOVO TRIMESTRE. AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFIDADOS

Bos días chic@s

Antes de nada, esperamos que vos gustara o vídeo que fixemos os profes…O IES EBA SODES VÓS!

Iniciamos hoxe o terceiro trimestre, esperando instruccións da Consellería de Educación indicando como debemos afrontar estes meses que quedan de curso, tan pronto saibamos algo, xa se vos informará.

Polo de agora, deixamosvos unha serie de recomendacións para vós, adolescentes, que vos poden axudar a afrontar esta situación que estamos a vivir.

Moito ánimo e xa sabedes que para o que precisedes o Departamento de Orientación segue con vós!

(pincha na imaxe)

PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS ante a crise do Coronavirus

Ante a situación que estamos a vivir, dende a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA) poñen en marcha o servizo de “PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS”

O obxectivo deste Servizo é dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa, a aqueles/as menores e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.

O Servizo atenderá a adolescentes de entre 12 e 18 anos, e a coidadores/as de nenos e nenas de 0 a 11 anos.

Contacta a través do teléfono 622.245.545 ou no mail aseia.galicia@gmail.com

Moito ánimo!!!!!

                                                                            (pincha na imaxe para máis información)

"ENCONTROS VIRTUAIS" NA USC

 

PARA QUEN?

Alumnado de 2º de Bacharelato, 1º de Bacharelato, 4º de ESO e as súas FAMILIAS.

 CANDO?

 En pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

 COMO?

A través desta páxina Web (que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril)

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 QUE ATOPAREDES?

  •  Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as vosas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

 

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, SERÁ UN XEITO DE SAÍR DA RUTINA POR UNS DÍAS DE PASO QUE PENSADES NO VOSO FUTURO UNIVERSITARIO!!!!!

 

 

Alumnado de 2º de Bacharelato…Ánimo!!!

Imos dirixir a entrada deste venres aos alumnos e alumnas que están en 2º de Bacharelato, para darlle ánimos, transmitirlle todo o noso apoio e para animalos a pensar en que nun futuro moi próximo, moitos deles estarán iniciando a súa etapa universitaria.

 

Para  eles e elas vai a recomendación desta páxina web.

 

UNISCOPIO é unha nova plataforma dixital de orientación. Contén información de interese para os futuros estudantes universitarios, destacando unha completa descrición de estudos de Graos, incluíndo as materias, saías e outros estudos relacionados.

 

Na web atoparedes:

-         Buscador de Universidades

-         Buscador de estudos por Graos, segundo o seu nome ou áreas de coñecemento.

-         Buscador de Becas

-         Información sobre o acceso á Universidade.

 

Así que...non o pensedes máis e descubride que e onde estudar en...

(pincha na imaxe)

A PESAR DE TODO... SEGUEN A PASAR COUSAS BONITAS

Ilustración de Lourdes Otero Rodríguez

PINCHA NA IMAXE PARA VER ALGO BONITO

Distribuir contenido