Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

NOVO TELÉFONO IES BLANCO AMOR

O IES Eduardo Blanco Amor cambiou recentemente o seus números de teléfono. Os novos números son os seguintes:

  • Teléfono principal: 881 960 347
  • Número de fax: 881 960 356

Información sobre servizos educativos complementarios

Servizos educativos complementarios:

O centro ofrece servizo de comedor escolar e servizo de transporte escolar. Só terán dereito a estes servizos os alumnos que por domicilio lles corresponda este centro, é dicir, só os alumnos da área de influencia do IES E. Blanco Amor

Normativa de organización e funcionamento do comedor escolar:

-        Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG do 13 de agosto) polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en educación.

Normativa sobre transporte escolar:

-         Sobre o dereito ao uso dos servizos complementarios gratuítos: artigo 6 da Orde do 12 de marzo de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O. U. (DOG 53 do 15 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnos en educación secundaria en centros docentes sostidos con fondos públicos.

-       Sobre o dereito ao servizo de transporte escolar: artigo 1º do decreto 203/1986 de 12 de xuño polo que se regulan determinados aspectos do transporte escolar

-    Sobre o número de viaxeiros de cada vehículo: artigo 4º apartado 12 do R.D. 443/2001 de 27 de abril. (BOE 2/5/01) sobre condicións de seguridade no transporte escolar

-   Sobre a modificación de itinerarios do transporte escolar: Circular 7/98 da Secretaría Xeral de Educación pola que se regula a modificación de itinerarios de transporte escolar.

A INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17 PÓDESE ATOPAR NA PÁXINA WEB DO CENTRO: 

www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo

Os impresos de solicitude pódense atopar na Administración, na páxina web da Consellería e na páxina web do centro.

Culleredo, 1 de  marzo de 2016

Fin de trimestre

Lembrámoslles que está aberta a campaña de Nadal para recollida de xoguetes ata o día 22 de Decembro. Fronte a Conserxería atoparán un colector onde depositalos.

Os boletíns de notas entregaranse os días 17 e 18 de decembro,e serán devoltos asinados o 18 de decembro  ou o 7 de xaneiro, a criterio dos profesores titores.

As clases finalizarán o día 18. Este día algúns alumnos participarán en actividades organizadas para a ocasión. O resto terá clase normal. En todos os casos mantense o horario habitual.

As clases comezarán o 7 de xaneiro.

Información sobre visita escolar do alumnado de Relixión. Enlace

 

Aviso ao alumnado e ás familias

DÍAS 7 E 8 DE SETEMBRO:

  • MATRÍCULA DE TODO O ALUMNADO (en secretaría)
  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO MERCADOS COAS AXUDAS  (en conserxería)
  • OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE O 9 DÍA NON TEÑAN ENTREGADOS OS LIBROS QUEDARÁN EXCLUÍDOS DAS AXUDAS E DO FONDO.
  • NON SE RECOLLEN AXUDAS DE LIBROS NIN DE MATERIAL

AVISO ÁS FAMILIAS. PAGO DE TASAS DO SEGURO ESCOLAR.

Se se quere evitar o pago de comisións cando se abona o seguro escolar, deberá facerse a operación a través da banca electrónica ou ben como unha transferencia a favor da conta do IES desde calquera sucursal da entidade bancaria na que cada familia teña aberta unha conta.

Circular ás familias sobre Fondo de Libros e Axudas para a compra de libros de texto

Achégase Circular ás familias sobre o Fondo de libros e as Axudas para a adquisición de libros de texto na que se informa sobre os prazos correspondentes.

Ir á Circular libros de texto

Criterios de admisión nas seccións bilingües para 2015/2016 e de titulación na ESO

Achegamos unha circular informativa dirixida ás familias na que se achegan os criterios e novedades para as seccións bilingües para o curso 2015/2016 e aclaración sobre os criterios para titular na ESO.

Ir á circular informativa

Distribuir contenido