Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

CIRCULAR ÁS FAMILIAS CON INSTRUCCIÓNS FIN DE CURSO

O pasado 15 de xuño enviouse unha circular informativa ás familias, a través dos alumnos, co calendario de fin de curso e entrega de libros de texto ao fondo solidario.

Para consultar dita información premer AQUÍ

VIAXE ROMA 1º BACHARELATO CURSO 2016-2017

Este luns repartiuse unha circular ás familias dos alumnos asistentes, acompañada de una copia co itinerario da viaxe.

Pódese acceder dende aquí, premendo nos links en vermello.

INFORMACIÓN IMPORTANTE FOLGA DE TRANSPORTE

Está convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada. Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.

Os servizos mínimos que foron publicados hoxe no diario oficial de Galicia e quedan así:

Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.

 

VIAXE O GROVE-SANXENXO

Saída o xoves 22-06-2017 ás 08,30 do aparcadoiro de autobuses.

Chegada ó Grove e viaxe en catamarán.

Visita mirador Siradella.

Comida.

Praia de Sanxenxo.

Chegada a Culleredo ás 20,00 aproximadamente.

Non esquezades levar crema solar, bañador e toalla!!!

LISTAXES DEFINITIVAS!!! SOLICITUDES SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017/2018

Xa están publicadas no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017-18, as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes. 

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos ADMISIÓN 2017-18

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no bloque de ADMISIÓN CURSO 2017-18.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

ADMISIÓN 2017-18 - LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

XA ESTÁ PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN.

TODA A INFORMACIÓN NO APARTADO CORRESPONDENTE DA NOSA WEB.

Distribuir contenido