Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

AVISO CAMBIO Nº TELÉFONO - VIAXES ESTUDOS CURSO 2018-2019

Cambio dos números de teléfono móbil que vai utilizar o profesorado e ao que poden chamar as familias durante as viaxes a Londres e Roma. Os novos número son:

Londres:  655 412 037     Roma:  655 412 069

ATENCIÓN!!! NOVOS CAMBIOS NAS XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro e 19 de novembro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 2ºESO, 3ºESO-A, 3ºESO-B, 3ºESO-C, 3ºPMAR e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-C, 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºBAC e 2ºBAC

O día 19 de novembro, para as familias de alumnos de 1ºESO-F e 3ºESO-D

As familias de 1º de ESO serán recibidas primeiro pola directora na sala de usos múltiples e despois dirixiranse ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor para tratar temas do seu interese. As familias do resto dos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º de bacharelato dirixiranse directamente ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor. Se algunha das familias ten varios fillos no centro, en cursos distintos, pode poñerse previamente en contacto cos titores para que lles poidan recibir o mesmo día.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

 

O día 26 de novembro terán lugar as votacións para elixir candidatos ao Consello escolar. O prazo de presentación de candidaturas remata o 19 de novembro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas deben cubrir un impreso que se lles entregará en Administración e que quedará custodiado no centro.

Toda a información no bloque na columna dereita da web "ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018"

 

 

APERTURA CAFETERÍA

A partir do vindeiro día 22 de outubro abrirá a cafetería do centro. 

Este luns só se suministrarán bocadillos á hora de comer. A partir do luns seguinte, os que o desexen, poderán solicitar por anticipado algún tipo de prato quente.

XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 1ºESO-C, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºESO-F, 1ºBAC e 2ºBAC

Máis información AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Publicadas as listaxes definitivas de asignación de Fondo Libros. 

En cumprimento da Lei de protección de datos, poderanse consultar no vestíbulo do centro e a través da sede electrónica e identificándose previamente

COMEZO DO CURSO 2018-2019

Día 17 de setembro: Presentación

alumnos de ESO de 11:00 a 12:00 recepción polos titores nas aulas e entrega de documentación aos mesmos. Haberá transporte escolar

alumnos de BACHARELATO de 12:30 a 13:30 recepción nas aulas polos titores. Non haberá transporte escolar

 

Día 18 de setembro: Comezo das clases (ESO e BACHARELATO) no horario habitual.

Máis información AQUÍ

 

 

AVISO IMPORTANTE ALUMNADO 4ºESO

OS HISTORIAIS ACADÉMICOS DOS ALUMNOS QUE REMATARON 4ºESO PODERANSE RECOLLER EN SECRETARÍA A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE XULLO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Xa se pode consultar a relación provisional de admitidos e de excluidos no Fondo Libros 2018-19

STEMweek 2018

Xa se poden solicitar as axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinada ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo de 2018. Toda a información AQUÍ

Distribuir contenido