Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

APERTURA CAFETERÍA

A partir do vindeiro día 22 de outubro abrirá a cafetería do centro. 

Este luns só se suministrarán bocadillos á hora de comer. A partir do luns seguinte, os que o desexen, poderán solicitar por anticipado algún tipo de prato quente.

XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 1ºESO-C, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºESO-F, 1ºBAC e 2ºBAC

Máis información AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Publicadas as listaxes definitivas de asignación de Fondo Libros. 

En cumprimento da Lei de protección de datos, poderanse consultar no vestíbulo do centro e a través da sede electrónica e identificándose previamente

COMEZO DO CURSO 2018-2019

Día 17 de setembro: Presentación

alumnos de ESO de 11:00 a 12:00 recepción polos titores nas aulas e entrega de documentación aos mesmos. Haberá transporte escolar

alumnos de BACHARELATO de 12:30 a 13:30 recepción nas aulas polos titores. Non haberá transporte escolar

 

Día 18 de setembro: Comezo das clases (ESO e BACHARELATO) no horario habitual.

Máis información AQUÍ

 

 

AVISO IMPORTANTE ALUMNADO 4ºESO

OS HISTORIAIS ACADÉMICOS DOS ALUMNOS QUE REMATARON 4ºESO PODERANSE RECOLLER EN SECRETARÍA A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE XULLO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Xa se pode consultar a relación provisional de admitidos e de excluidos no Fondo Libros 2018-19

STEMweek 2018

Xa se poden solicitar as axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinada ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo de 2018. Toda a información AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Lémbrase que o prazo para presentar as solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar remata o vindeiro 22 de xuño de 2018 (este incluído)

Información completa AQUÍ 

Fotografías GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

Xa temos o enlace á galería de fotos, enviado por Enrique Blanco, o fotógrafo do acto de graduación de 2ºBAC

https://drive.google.com/drive/folders/1_nWdgpObbBk8g1JWLWntYmBNAFZoIb3u?usp=sharing

 

CIRCULAR FAMILIAS - INSTRUCCIÓNS FIN DE CURSO 2018

No día de hoxe enviouse, a través dos alumnos, unha circular informativa ás familias con información sobre o fin de curso e a entrega de libros de texto ao fondo solidario, así como a folla para a solicitude de transporte e comedor.

Para acceder a ditos documentos premer AQUÍ

Distribuir contenido